Xoves, 18 Setembro de 2025

É Noticia

SmartPeme trae esta semana cinco novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta as cinco novas formacións online para esta semana, enmarcados na carteira de obradoiros de Smartpeme.

O I Torneo Nacional de Pádel en cadeira de rodas conta con xogadores como o gondomareño Bernabé Costas e o vigués Alberto Abalde

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernádez Tapias, presentaron hoxe no centro Twelve Padel Zenter de Vigo, o I Torneo Nacional de Pádel en cadeira de rodas que terá lugar do 27 ao 29 de xaneiro e que será puntuable para a Copa de España de Pádel adaptado.

A Deputación de Cádiz visita Pontevedra para coñecer o modelo Ágora

O vicepresidente César Mosquera e o deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez recibiron hoxe unha delegación da Deputación de Cádiz interesada en...

“Orixe Rías Baixas” a nova campaña promocional para sorprender en Fitur

“Orixe Rías Baixas. Un ano e mil ocasións para celebrar a provincia de Pontevedra”. Con este lema, a Deputación dá o tiro de saída á súa presenza na Feira Internacional de Turismo, Fitur, que terá lugar entre o 18 e o 22 de xaneiro no recinto madrileño de IFEMA.

A Deputación publica as bases dos I ‘Premios Turismo Sostible Provincia de Pontevedra’

A Deputación vén de publicar no BOPPO as bases para a concesión dos I ‘Premios Turismo Sostible Provincia de Pontevedra’, cos que a institución busca recoñecer as actuacións levadas a cabo neste eido por empresas e entidades para transformar e mellorar a oferta turística na provincia.

A Xunta axudará ata con 3.000 euros aos universitarios con dificultades para continuar cos estudos

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia que, por causas sobrevidas ocorridas ao longo do curso académico 2022/23, teña dificultades económicas para continuar estudos.

SmartPeme comezou o ano con cinco novas formaciones

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novos obradoiros impartidos de xeito mixto, online e presencial, enmarcados na súa carteira de obradoiros.

O CAAN pecha o 2022 con 616 adopcións

Por segundo ano consecutivo, o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra superou a simbólica e espectacular cifra das 600 adopcións. O 2022 converteuse así no segundo mellor ano da historia do centro, cun total de 616 animais que atoparon un novo fogar na provincia, en Galicia e mesmo noutros territorios do Estado e do estranxeiro.

Ano excepcional de turismo para os Castelos de Soutomaior e Sobroso

2022 foi un ano histórico para os Castelos de Soutomaior e Sobroso que conseguiron unha excepcional cifra de visitantes nunca alcanzada antes.

A vendima da finca do Castelo de Soutomaior proporciona á Deputación importantes ingresos

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a liquidación pola venta da uva da finca do Castelo de Soutomaior, que vai proporcionar á institución provincial uns ingresos de preto de 47.000 euros (46.355 €).

A Rede Ágora expándese no 2023

A Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público impulsada pola Deputación sigue a súa expansión. Se neste pasado 2002 o proxecto do departamento de Mobilidade espertou interese en boa parte do Estado, o 2023 comeza cunha nova visita institucional á provincia.

A Xunta amplía en dúas semanas a campaña de vacinación da gripe

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade tomou a decisión de prorrogar en dúas semanas a campaña de vacinación contra a gripe, que se estenderá até mediados do mes de xaneiro, concretamente ata o día 15.