A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar os contratos para as obras de conservación de firmes que se desenvolverán en 79 estradas da rede provincial ao seu paso por 45 concellos, e nas que se investirá un orzamento de 4,4 millóns (4.430.381€).
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou hoxe en rolda de prensa do lanzamento da programación dunha nova edición do programa “Depo Actívate”, co que a institución provincial agrupa cada ano todas as súas actividades encamiñadas a fomentar o deporte e o turismo deportivo e a difundir o patrimonio natural e cultural da provincia de Pontevedra.
A próxima convocatoria do Plan de Recuperación do Goberno de España para o fomento do turismo deportivo sostible contará cun orzamento total de máis de 36 millóns de euros dos fondos europeos Next GenerationEU, unha convocatoria que servirá, entre outras actuacións, para a mellora das instalacións deportivas municipais.
En 24 horas esgotáronse as prazas para a quinta das rutas ornitolóxicas previstas na sexta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO Birdlife, e que se desenvolverá o vindeiro 4 de xuño na praia da Lanzada, nos concellos de Sanxenxo e O Grove.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación vén de lanzar un novo aviso fitosanitario que advirte da aparición dos primeiros síntomas de oídionas viñas e recomenda incluír o patóxeno nos plans de tratamento.
A Deputación de Pontevedra abre desde este luns o prazo de inscrición para a terceira das rutas ornitolóxicas da sexta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife.
A Consellería de Sanidade, por medio da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, convidou aos equipos de prevención de condutas adictivas, xestionados por concellos e asociacións sen ánimo de lucro, así como a profesionais e asociacións implicados na atención e protección de menores, para darlle difusión ao Programa PROTEGO, e que o poidan utilizar para mellorar as habilidades educativas das familias así como as relacións entre pais e fillos.
A Deputación abriu esta mañá o prazo para participar nos oito “baños de bosque” que organizará no mes de xuño. As persoas interesadas en gozar dos beneficios dos “Bosques Terapéuticos” e desfrutar dos espazos naturais da provincia poden xa formalizar a súa solicitude na páxina web da Deputación www.depo.gal.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas, enmarcadas na súa carteira de obradoiros e encamiñadas á transformación dixital das pemes e persoas autónomas da provincia.
O pleno da corporación provincial aprobou hoxe por unanimidade de xeito definitivo á transferencia da Finca e do Pazo de Lourizán á Xunta de Galicia. Culmina así un proceso que se iniciou en xullo do pasado 2022 para a cesión á Administración autonómica da propiedade deste espazo, o histórico inmoble e as edificacións que alberga e que a Deputación de Pontevedra tiña adquirido en 1943.
O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, destacou o traballo que realiza a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (Avempo). Así o sinalou tras reunirse con responsables desta entidade para coñecer os programas e propostas que teñen en marcha.
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades celebra a implicación que a sociedade galega está a demostrar durante todo o mes de maio no gran día das súas Letras, cuxo acto central terá lugar mañá en Vilanova de Lourenzá, vila natal de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado neste 2023.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.