Martes, 16 Setembro de 2025

Val Miñor

A Concellería de Igualdade de Baiona presenta a terceira edición da “Primavera Lila”

O Multiusos Mercado de Sabarís acolleu o acto de presentación da Primavera Lila, a programación deseñada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona e a dirección do CIM con motivo do 8 M, Día Internacional da Muller.

O Auditorio Municipal Lois Tobío levanta o pano ao programa de “Gondocultura primavera”

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Cultura, inaugurará esta semana a programación Gondocultura primavera, que dedica de forma íntegra á arte escénica do teatro.

Baiona realiza recollidas solidarias para Ucraína

O Concello de Baiona, en colaboración coa ONG “AYUDA AL MUNDO NECESITADO”, pon en marcha desde hoxe luns día 7, e ata o día 12 deste mes, a recollida anunciada dunha serie de artigos de neecesidade para Ucraína.

Baiona xa goza da súa Arribada máis esperada

O Monumento “ Encontro entre Dous Mundos” acolleu o venres o acto oficial de apertura da XXVI Festa dá Arribada. Unha edición que será moi especial xa que se poderá celebrar despois de moito facerse esperar tras a Covid.

Gondomar súmase aos concellos que ofrecen axuda solidaria a Ucraína

O alcalde do municipio, Paco Ferreira, cualificou de “terrible e inconcibible a situación que estamos a vivir ante a invasión de Ucraína por parte de Rusia, algo que non nos podiamos nin imaxinar en pleno século XXI” e sinala que “é agora onde as administracións deben demostrar que están aí, e Gondomar estará aí axudando na medida do posible”.

Baiona ofrece aparcamento en Porto do Molle e autobuses gratis para gozar da Arribada

Baiona ofrecerá durante a Festa da Arribada unha alternativa para estacionar o coche. Grazas á colaboración de Zona Franca habilitarase, en Porto do Molle, unha bolsa de estacionamento de vehículos, con autobuses lanzadeira que achegarán aos usuarios á zona centro de Baiona.

O Porto Deportivo de Baiona acolle as réplicas da Nave Santa María e a Nave Vitoria

A Xira Exploraterra 2022 xa arribou a Baiona desde este xoves 3 de marzo e ata o domingo 6 están no Peirao do Porto Deportivo de Baiona dúas réplicas dos barcos históricos máis importantes da nosa historia marítima, profundamente ligados á localidade e ao coñecemento dun novo continente, América.

Nigrán propón a residencia de tempo libre de Patos como centro de acollida para refuxiados ucraínos

O Concello ofrecerá a Residencia de Tempo Libre de Patos aos refuxiados ucraínos, respondendo así á petición da Federación Galega de Municipios e Provincias, que pediu ás localidades que cedan espazos para a acollida de familias deste país.

Nigrán rehabilitará sendas fontes e lavadoiros de Sancho en Panxón

O Concello de Nigrán rehabilitará sendas fontes e lavadoiros de Sancho de Arriba e de Abaixo (Panxón) e a zona verde que os comunica a través do obradoiro de emprego da Mancomunidade ‘Pedras do Miñor’.

A Xunta reforza desde este xoves o transporte público aos institutos de Baiona e O Rosal e ao Centro de Saúde de Nigrán

A Xunta activará este xoves, 3 de marzo, novos servizos de autobús e realizará pequenos axustes nas liñas para mellorar o transporte aos institutos Primeiro de Marzo de Baiona e A Sangriña do Rosal, ademais de mellorar a conexión co centro de saúde de Nigrán.

Gondomar pon en marcha a II edición do programa “Abrindo Portas”

“Abrindo Portas” xurdiu no departamento co fin de motivar á mocidade a ler, amosándolles a través das redes sociais, obras de distintas temáticas que poidan suscitar ou seu interese e lles brinde unha nova experiencia lectora.

Nigrán modifica as bases que rexen as axudas de emerxencia social para que beneficien a máis persoas

O Concello de Nigrán aprobou unánimemente no pleno ordinario de onte a proposta do goberno local de modificar as bases que rexen as axudas de emerxencia social co fin de chegar a máis posibles beneficiarios.