Domingo, 6 Xullo de 2025

Val Miñor

O Concello de Nigrán recuperou a ‘Gala do Deporte’ con 40 premiados

O Concello de Nigrán recuperou este domingo 3 de abril a súa ‘Gala do Deporte’ despois de que a pandemia a deixase sen celebrar desde 2019.

“Elas Emprenden”, un escaparate feiral para actividades de empresa lideradas por mulleres para visitar durante a fin de semana en Baiona

O Multiusos de Sabarís acolleu este mediodía a presentación do programa "Elas Emprenden". Durante o acto interviron a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, a artista local coordinadora do proxecto, Irene Silva e o alcalde de Baiona, Carlos Gómez.

“Elas Emprenden” chega esta finde semana cheo de actividades o Multiusos Mercado de Sabarís

A piques estamos de chegar á fin de semana e con ela o comezo de "Elas emprenden: Galería de propostas". Terá lugar no multiúsos de Sabarís o sábado 2 e domingo 3 de abril e poderase disfrutar de experiencias diversas ofrecidas polas profesionais participantes desta novedosa proposta.

Nigrán recupera a ‘Gala do Deporte’ con 40 premiados de múltiples disciplinas

O Concello de Nigrán recupera o domingo 3 de abril a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal a súa ‘Gala do Deporte’ despois de que a pandemia a deixase sen celebrar desde 2019.

O Goberno aposta polo turismo sostible cun investimento no concello de Baiona

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reafirmou hoxe a aposta do Goberno pola cohesión territorial e o impulso ao turismo sostible de Galicia e puxo como exemplo a achega de 2 millóns de euros do Ministerio de Industria para o desenvolvemento do Plan de Sostibilidade Turística do Concello de Baiona.

Preséntase en Gondomar o libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”

A Aula de Cultura Ponte das Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, acollerá este venres, día 1, a presentación do libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, do avogado e politólogo de Ponteareas Roberto Mera Covas, publicado por Belagua Ediciones.

Baiona recibe unha subvención para contratar víctimas de violencia de xénero

O Concello de Baiona, recibe unha subvención de 49.136,16 euros para a contratación, durante 12 meses, de dúas vítimas de violencia de xénero. Yasmina Moreira, concelleira de Igualdade, salienta que “este é o terceiro ano que obtivemos subvención para contratar a vítimas de violencia de xénero”.

A corporación de Nigrán respalda o dereito de autodeterminación do pobo saharaui

A unanimidade da corporación do Concello de Nigrán aprobou unha moción de urxencia do goberno local en defensa do dereito de autodeterminación do pobo saharaui e de rexeitamento da viraxe neste asunto de política exterior por parte do goberno de España, sendo o primeiro municipio de Galicia en facelo.

Volve o “Basket sen barreiras” do CB Nigrán 2 anos despois

Tras 2 anos sen poder facelo debido á pandemia, o Club Baloncesto Nigrán organiza con máis ganas que nunca a VI edición do Torneo " Basket sen Barreiras", que se celebrará os días 11 e 12 de abril no Pavillón Municipal de Panxón.

O programa itinerante de coidados médicos aos maiores chegará a Baiona a próxima semana

A Consellería de Política Social estenderase ao municipio de Baiona para ofrecer coidados médicos gratuítos a maiores de 55 anos nas áreas rurais. O goberno local, a través da Concellería de Servizos Sociais, solicitara á Xunta este servizo, que se presta mediante unidades móbiles que realizan visitas de varios días aos municipios rurais.

A Xunta presenta o núcleo de adestramento deportivo especializado de Surf en Nigrán

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, presentaron esta mañá o Núcleo de Adestramento Especializado (NADE) da Federación Galega de Surf en Nigrán como un novo fito da tecnificación do deporte galego.

Baiona repara o parque “O Aral” de biosaudables

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona realizou substitución e a reparación das máquinas e aparellos que sufriran danos destinados á actividade física ao aire libre, no parque de biosaudables que está situado encima do aparcadoiro municipal de “O Aral”.