Domingo, 22 Xuño de 2025

Val Miñor

Baiona abre o prazo de solicitude de subvencións para actividades deportivas

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, convoca unha liña de subvencións destinadas a fomentar e difundir aquelas actividades deportivas organizadas polas asociacións sen ánimo de lucro no ámbito territorial do Concello de Baiona durante o ano 2022.

Vinte e cinco mulleres desempregadas de Baiona participan na segunda edición de ‘Galegas Dixitais’

A acción formativa “Galegas Dixitais”, un programa de formación para a dixitalización das mulleres, coa que colabora a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, comenzou esta semana no centro multiusos Ángel Bedriñana.

Gondomar e COXAPO inician unha rolda de contacto coas comunidades de augas

O Concello de Gondomar vén de iniciar contactos con todas as comunidades de augas da vila para analizar a situación das súas instalacións, e así poder axustar de forma pormenorizada e personalizada as necesidades de cada unha delas, co fin de garantir que todos os usuarios poidan dispoñer dun servizo de calidade, e de auga con todas as garantías sanitarias.

Nigrán garda un minuto de silencio

Un cento de veciños de Nigrán, xunto ao alcalde e demais corporación municipal, protagonizaron esta mañá (10:00 horas) a concentración e minuto de silencio convocada polo Concello de Nigrán en homenaxe á Beatriz Lijo Gesteira, asasinada onte en Baiona presuntamente pola súa ex-parella.

Parada contará cunha senda peonil

A ansiada senda peonil que vertebrará a parroquia de Parada a través da EP-2106 será realidade antes de que remate o ano. O Concello de Nigrán deu o paso definitivo na súa tramitación esta semana.

Gondomar presenta un entroido cheo de novidades

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presentou a programación do seu Entroido na que, como novidade, está programada unha gran verbena para a noite do martes 21, e por primeira vez a entronización e a queima do Meco.

Nigrán declara o loito oficial

O Concello de Nigrán declara tres días de loito oficial con bandeiras a media hasta e convoca mañá martes 7 de Febreiro á veciñanza a gardar 1 minuto de silencio ás 10:00 horas ante o consistorio.

Baiona decreta tres días de loito oficial e gardará un minuto de silencio hoxe ás 19:30h na praza do Concello

A corporación municipal de Baiona concentrarase ás 19:30 horas de hoxe na praza do Concello onde se gardará un minuto de silencio en memoria de Beatriz Lijó Gesteira, veciña de Baiona, que foi presuntamente asasinada pola súa parella na noite deste domingo.

Nigrán ofrece unha excursión para esquiar en Alto Campoo

O Concello de Nigrán, co fin de democratizar a práctica deportiva do esquí, ofrece unha excursión á estación de Alto Campoo (Cantabria) do 24 ao 26 de febreiro cun prezo de 133 € para menores de ata 12 anos e 168 € para adultos.

O Concello de Baiona e Afaga triplican as prazas dos programas

O Concello de Baiona consolidou nos últimos tres anos unha forma de entender os Servizos Sociais como un dereito de todos os veciños e veciñas, un paraugas que engloba numerosas iniciativas para todas as idades e sempre en colaboración co tecido asociativo.

A Concellería de Igualdade de Baiona pon en marcha “Con Voz Propia”

Tralo éxito do programa “Con Voz Propia” o ano pasado, a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller (CIM), volve apostar por esta actividade.

Baiona finaliza as obras de instalación de saneamento en Baredo

O Concello de Baiona finalizas as obras nos barrios de Baredo de Xestas, Súas Torres, A Bouza e Montiño, camiños que carencian deste servizo.