Mércores, 14 Maio de 2025

Val Miñor

Nigrán oferta un curso de manexo de dispositivos móbiles para maiores

O Concello de Nigrán ofrece do 3 de outubro ao 30 de xaneiro de 2024 no Local Social de Vilameán un obradoiro para aprender a manexar aplicacións móbiles destinado a xubilados empadroados no municipio e será impartido por María José Parada Santoro, profesora xubilada.

Porto do Molle acollerá a segunda Festa Equina de Nigrán

Acoaga 1018 S.L., en colaboración coa asociación hípica GZ-Horse e a Federación Hípica Galega, organiza unha Festa Hípica en Porto do Molle.

O Season Fest converte a Gondomar no punto de encontro do indie nacional

Gondomar foi escenario da presentación da nova edición do Season Fest, que este ano celebra o seu 5º aniversario. O acto tivo lugar na histórica Casa Peralba da localidade, que será un dos escenarios do festival xunto ao Parque das Ánimas, ao carón do río.

Adxudicadas as obras do Lavadoiro do Saravio, Nigrán, como elemento patrimonial do Camiño Portugués pola Costa

O Concello de Nigrán emprenderá nas vindeiras semanas a completa restauración do lavadoiro do Saraivo, situado na parroquia de Nigrán en pleno Camiño Portugués pola Costa e catalogado. O investimento, de 50.000 €, conta cunha subvención de 20.000 € do Instituto de Estudos do Territorio e suporá devolverlle o valor a súa imaxe de conxunto, moi deteriorada e carente de interese debido a engadidos posteriores a base formigón.

A Xunta adxudica as obras do aparcadoiro disuasorio no enlace da PO-340 coa autoestrada en Nigrán

A Xunta adxudicou por 584.705 euros a execución do aparcadoiro disuasorio asociado á implantación de zonas de baixas emisións no enlace da estrada PO-340 coa autoestrada do Val Miñor e adxacente á peaxe da saída A Ramallosa-Gondomar, no concello de Nigrán.

O Racing de Vilariño busca xogadoras para o seu equipo feminino

O Racing de Vilariño foi o primeiro club en apostar polo fútbol feminino en Nigrán. No campo de San Pedro as mulleres que soñaban con xogar de maneira federada tiveron a oportunidade.

O “Outono gastronómico” chega a Baiona

A Oficina de Turismo do Concello de Baiona acolleu a presentación “17º Outono Gastronómico 2023”. A Vila Mariñeira foi parada do roteiro do autobús promocional da campaña que percorreu as principais praias da costa galega coa finalidade de captar o turismo estival para futuras viaxes outonais a Galicia.

O día de mañá estará cheo de actividades con motivo do Día Mundial da Prevención do Suicidio

O Concello de Baiona organizou varias actividades para mañá mércores 6 de setembro con motivo do Día Mundial da Prevención do Suicidio co obxectivo de contribuír a frear esta secuela e concienciar á sociedade baionesa.

A Xunta promove a educación ambiental co campamento ZeroWaste en Nigrán

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou os mozos que participan na última quenda do campamento de verán Zerowaste, que ten lugar estes días na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán.

Éxito do Campionato de España Xuvenil e Cadete de Bolo Celta en Nigrán

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou este domingo na entrega de premios do Campionato de España Xuvenil e Cadete de Bolo Celta, celebrado no concello de Nigrán.

Baiona laurea aos vencedores do Trofeo Príncipe de Asturias

O Trofeo Príncipe de Asturias xa ten novos vencedores. Nunha xornada en grao sumo complicada por mor da ausencia e inestabilidade do vento, a cita que organizan o Monte Real Club de Iates e a Escola Naval Militar co patrocinio de ABANCA pechouse este domingo coroando aos vencedores do seu trixésimo oitava edición.

O Season Fest elimina o pago por cashless e as zonas VIP para unha mellor experiencia do público

A organización do Season Fest, que se celebrará en Gondomar do 21 ao 24 de setembro, decidiu realizar diversos cambios de concepto “para mellorar a experiencia do público” e volver a esencia da primeira edición.