Martes, 8 Xullo de 2025

Val Miñor

A AJE traslada os seus premios a Baiona para “reforzar o seu copromiso co sur de Galicia”

A Asociación de Jovenes Empresarios de Vigo, AJE Vigo, celebrará a gala de entrega dos seus premios Joven Empresario e Empresaria e Iniciativa Emprendedora o próximo 18 de novembro. Por primeira vez, este evento anual trasládase fóra de Vigo e terá lugar no Parador de Baiona.

Comezan as obras de ampliación da rede de saneamento e abastecemento da Carrasca

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras de ampliación da rede de saneamento e abastecemento da Carrasca (Parada) por un importe de 138.344,47€ e que se financia a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, estando previsto que rematen antes do Nadal.

O Concello de Nigrán pintará as estradas municipais de Porto do Molle e diferentes parroquias

O Concello de Nigrán vén de investir 37.762 € na mellora da seguridade viaria pintado as rúas de todo o parque empresarial Porto do Molle e doutros puntos do municipio, todas elas coas liñas xa moi deterioradas polo paso do tempo e o tránsito de vehículos.

Nigrán ofrece este sábado o documental de Pablo Romero ‘Donde acaba la memoria’

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 6 de novembro no Auditorio Municipal ás 20:00 horas a proxección da película documental ‘Donde acaba la memoria’ sobre o célebre hispanista Ian Gibson e coa presenza do seu director, o veciño de Nigrán Pablo Romero-Fresco.

Concello de Nigrán e Asociación de Veciños de Camos solicitan á Xunta a desafección da casa dos mestres de Camos

Concello de Nigrán, Asociación de Veciños de Camos e Centro Cultural A Camoesa urxen novamente á Consellería de Educación a que outorgue a desafección da casa dos mestres de Camos (en Balinfra, no número 45) para poder recuperala para un uso público ao estar desocupada desde hai anos.

A Concellería de Igualdade de Baiona presenta o “Novembro Lila”

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona presentou a pasada semana a programación da terceira edición do “Novembro Lila”.

Nigrán acorda con correos a posta en marcha do rexistro dixital Orve

O Concello de Nigrán ven de adherirse á plataforma Orve de Correos para que os veciños poidan remitir telemáticamente calquera información ao consistorio (copias autenticadas de solicitudes, notificacións...) desde calquera oficina e coa máxima garantía xurídica.

Gondomar soluciona a accesibilidade da Casa da Cultura coa axuda da Deputación

A accesibilidade á Casa da Cultura de Gondomar xa non é un problema. As obras de eliminación de barreiras arquitectónicas e instalación de ascensor remataron despois dun investimento de 50.728 euros, achegados pola Deputación a través do Plan Concellos.

Nigrán engalana os dos cemiterios municipais de cara ao día de defuntos

O Concello de Nigrán engalana con máis de 200 plantas os seus dous cemiterios municipáis, o de Parada e Nigrán, de cara á festividade de Tódolos Santos.

Concello de Nigrán e Comunidade de Montes de Chandebrito porán en valor a ‘Fraga dos muíños de Rodas’

Concello de Nigrán e Comunidade de Montes de Chandebrito colaborarán novamente para promover o patrimonio máis descoñecido da parroquia. Nesta ocasión, tras a petición realizada desde a entidade comunal a través do seu presidente Víctor Vidal, o Concello vén de solicitar á Deputación de Pontevedra unha subvención de 10.381 € para por en valor a contorna da ‘Fraga dos muíños de Rodas’.

Nigrán abre este mes co Cineclub Val Miñor Alice-Guy

O Concello de Nigrán abre este mes de novembro oficialmente co Cineclub Val Miñor Alice-Guy e a figura do escritor Bernardino Graña unha programación especial adicada á memoria no sentido máis amplo do termo e que se extenderá ata decembro con documentais, curtametraxes, exposicións...

Nigrán finaliza este domingo o mes do teatro coa actuación de Teatrino

O Concello de Nigrán finaliza este domingo a programación do 'Mes do Teatro' co representación da comedia para todos os públicos 'Lisístrata' a cargo da compañía ourensana Teatrino este domingo 31 ás 19:00 horas no Auditorio Municipal.