Venres, 4 Xullo de 2025

Nigrán

O Circuíto Nacional Surfing Kids chega á Praia de Patos

O vindeiro sábado 9 e domingo 10 de abril, na Praia de Patos (Nigrán), celebrarase a 3ª proba do Circuito Nacional Surfing Kids Junior da Federación Española de Surf, na que competirán só as categorías Sub 14 masculino e feminino, Sub 12 masculino e femenio e Sub 10 mixto.

O alcalde de Nigrán e o presidente de AFAGA presentan a VI edición do ‘Basket sen barreiras’ do CB Nigrán

O Club Baloncesto Nigrán presentou este mércores na sede de AFAGA a VI edición do seu Torneo BASKET SEN BARREIRAS que se celebrará os días 11 e 12 de abril no Pavillón Municipal de Panxón.

Juan González, rexedor de Nigrán, novo representante institucional do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa dando pasos cara a unha xestión turística unificada, optimizando recursos estruturados e organizados e implementando medidas que faciliten a creación e comercialización de produtos turísticos diferenciados.

O Concello de Nigrán e ‘Discamino’ volven a ofrecer un paseo en bicicleta aos maiores con enfermidades neurodexenerativas

Concello de Nigrán e a ONG 'Discamino' volveron aliarse na tarde de onte para ofrecer, por segunda vez, un paseo en bicicleta adaptada aos maiores do centro municipal de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas, en Panxón.

A biblioteca de Nigrán acolle mañá a presentación do novo libro de Fran Fernández Davila

O escritor miñorán Fran Fernández Davila estará presentando e asinando a súa derradeira novela 'O Bosque do Duque' este mércores 6 de abril ás 19.30 horas na nova Biblioteca Municipal do Concello de Nigrán, xunto co alcalde, Juan González, e a directora comercial de Galaxia, Tati Mancebo.

O Concello de Nigrán recuperou a ‘Gala do Deporte’ con 40 premiados

O Concello de Nigrán recuperou este domingo 3 de abril a súa ‘Gala do Deporte’ despois de que a pandemia a deixase sen celebrar desde 2019.

Nigrán recupera a ‘Gala do Deporte’ con 40 premiados de múltiples disciplinas

O Concello de Nigrán recupera o domingo 3 de abril a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal a súa ‘Gala do Deporte’ despois de que a pandemia a deixase sen celebrar desde 2019.

A corporación de Nigrán respalda o dereito de autodeterminación do pobo saharaui

A unanimidade da corporación do Concello de Nigrán aprobou unha moción de urxencia do goberno local en defensa do dereito de autodeterminación do pobo saharaui e de rexeitamento da viraxe neste asunto de política exterior por parte do goberno de España, sendo o primeiro municipio de Galicia en facelo.

Volve o “Basket sen barreiras” do CB Nigrán 2 anos despois

Tras 2 anos sen poder facelo debido á pandemia, o Club Baloncesto Nigrán organiza con máis ganas que nunca a VI edición do Torneo " Basket sen Barreiras", que se celebrará os días 11 e 12 de abril no Pavillón Municipal de Panxón.

A Xunta presenta o núcleo de adestramento deportivo especializado de Surf en Nigrán

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, presentaron esta mañá o Núcleo de Adestramento Especializado (NADE) da Federación Galega de Surf en Nigrán como un novo fito da tecnificación do deporte galego.

Nigrán acolle o venres a presentación do libro infantil ‘Camino portugués da costa’

O Concello de Nigrán acolle este venres 25 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a presentación do libro infantil de Hércules de Edicións ‘Camino portugués da Costa’ coa presenza dos seus autores.

A corporación de Nigrán acorda por unanimidade os galardoados dos Premios Nigrán 2022

A corporación de Nigrán acordou por unanimidade na Xunta de Portavoces os galardoados cos Premios Nigrán 2022, que regresarán coa súa tradicional gala o sábado 30 de abril despois de dous anos sen celebrarse por mor da pandemia.