O Concello de Nigrán sorprendeu ao alumnado do CEIP Mallón na festa de fin de curso coa obra de teatro 'Un becho no Colexio', inspirada precisamente no relato gañador do I Certame Infantil de Relatos Curtos Carlos Casares, obra do alumnado de terceiro de Primaria.
O Concello de Nigrán recupera o dispositivo anterior á pandemia para a noite de San Xoan en Praia América e por ese motivo iniciou hoxe a blindaxe da zona dunar, onde tamén se instalarán potentes focos para mellorar a vixilancia por parte do Seprona.
A XII edición da travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán reunirá a máis de 400 nadadores entre os cinco percorridos que se disputarán o domingo 3 de xullo, en Praia América, consolidándose como a proba de natación popular con maior participación de Galicia.
Protección Civil Val Miñor sumarase ao reto #SanXoanSenLixo2022 do Concello de Nigrán concienciando mediante megafonía durante a noite das fogueiras en Praia América sobre a importancia de non deixar lixo e tamén a través da súa trintena de voluntarios mobilizados ex-profeso para esta festa.
O alcalde de Nigrán, Juan González, e o director xeral de Lopez Real 21, promotores del parque comercial 'Nasas Nigrán', José Antonio García, comunicaron oficialmente este venres ao CEE Juan María o acordo para ceder un local comercial á firma de moda inclusiva 'JuanMariaByLolola'.
O Concello de Nigrán despide ata o mes de setembro os cursos de ‘Envellecemento activo' que 130 veciños maiores están a realizar no Centro da Terceira Idade da Ramallosa ('Informática básica', ‘Memoria’ para previr o deterioro cognitivo e ‘Vivilo Corpo’, dirixido a potenciar as capacidades motoras a través de exercicios de movemento e coordinación).
Lucenza - Ateneo de Nigrán organiza este venres 17 de xuño, ás 20:00 horas, no Centro da terceira idade da Ramallosa (antiga estación do tranvía), unha conferencia sobre “O monacato rural feminino na Idade Media”.
O Concello de Nigrán asume este ano ao 100 % a organización das festas de San Xoan de Panxón ante a ausencia de comisión. Así, ademais de confeccionar as tradicionais fogueiras na praia, como novidade nesta edición será o Concello quen, a través do seu programa 'Música nas Parroquias', ofrecerá toda a programación socio-cultural .
O Concello deNigrán continúa enchendo de teatro a súa programación cultural converténdose desde este venres 17 e ata o domingo 19 na capital do teatro afeccionado de todo o Noroeste peninsular.
O CEIP Mallón resultou o colexio gañador do 'I Certame Infantil e Xuvenil de relatos curtos Carlos Casares' convocado polo Concello de Nigrán co obxectivo de promover a lingua galega entre a mocidade ao tempo que se homenaxea a un dos veciños máis ilustres no 20 aniversario do seu falecemento.
O Concello de Nigrán, nun paso máis para integrar aos ucraínos acollidos en familias do municipio, vén de organizar un curso gratuíto de español ex-profeso para eles.
"Repitamos o reto, o mar non é un vertedoiro". Baixo esta premisa o Concello de Nigrán lanza de novo o desafío #SanXoanSenLixo2022 motivado polo éxito acadado no 2019 (último ano que houbo fogueiras en Praia América-Panxón).
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.