A actividade, pensada principalmente para familias con nenos, ten como obxectivo dar a coñecer a contorna de Gondomar de forma amena e facilitando unha xornada de lecer e encontro familiar neste tempo de verán.
O presidente da Mancomunidade do Val Miñor, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polos rexedores dos outros Concellos que integran esta entidade –Carlos Gómez, rexedor de Baiona, e Juan González, alcalde de Nigrán–, xunto a xefa territorial de Emprego e Igualdade da Xunta en Vigo, Marta Mariño, inauguraron onte o obradoiro 'Pedras do Miñor', enmarcado no Plan de Garantía Xuvenil, cofinanciado por l Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego xuvenil, cunha dotación de preto de 369.493 euros.
Gondomar inaugurou a segunda fase da mellora do camiño de Sequeirós coa actuación acometida sobre a coñecida como 'Estrada de Rasas' na que se executaron, básicamente, as obras de reposición do pavimento asfáltico. Complétase así o proxecto iniciado coas obras no tramo do camiño de Sequeirós co cruzamento coa PO-340, no que se ampliara, na primeira fase, o espazo pola marxe dereita dotándoo de beirarrúas e ampliando o ancho de calzada que “era escaso facendo o paso de vehículos moi axustado, e moi difícil para os peóns”.
“É unha gran satisfacción como alcalde poder inaugurar este gran espazo lúdico para a nosa cidadanía”, manifestou o rexedor de Gondomar Paco Ferreira, quen lembrou “que atende unha demanda de moitas persoas que reclaman lugares nos que sexa posible a convivencia de mascotas e os seus donos, co resto da poboación”. Obxectivo que entende “sitúanos no camiño marcado desde a Unión Europea de fomentar a construción e desenvolvemento de cidades máis sostibles e inclusivas”.
O Concello de Gondomar vén de facilitar á accesibilidade a todo o edificio da Casa da Cultura nun primeiro paso dentro da reforma integral que estuda o goberno que preside Paco Ferreira para este inmoble municipal. O proxecto, redactado polo arquitecto Pedro González, contou cun orzamento do algo máis de 50.728 euros, con cargo ao Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra.
Baixo o título “Unha viaxe ao meu corazón” desenvólvese estas semanas no municipio un taller psicoeducativo, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Nuria Lameiro, centrado no traballo e xestión das emocións propias e alleas. Un total de 30 nenos e nenas, de entre oito e 12 anos, do municipio participan nesta actividade, que se dividiu en dous grupos, finalizando o primeiro este pasado venres
As concellerías de Xuventude e Deportes, dirixidas por Nuria Lameiro, anunciaron o cambio de data para a celebración deportiva familiar da proba Gladiator Kids, prevista para este sábado 07 de agosto, ao próximo 16 de outubro “confiando que entón a situación sanitaria do concello sexa moito mellor que a actual”.
O campamento cubriu as súas cen prazas aos poucos días de abrirse os prazos de inscrición e desenvolveuse nas dúas quincenas do mes de xullo, con grupos diferenciados como “burbullas” e mantendo en todo momento as normas estipuladas pola normativa Covid-19 vixente no momento.
A actividade que terá lugar en Gondomar, que se desenvolverá integramente en galego, ten como obxectivo dar a coñecer parte da historia e lendas da nosa comunidade autónoma.
Este xoves, a partir das 22.30 horas na Praza das Antiguas Escolas Vellas retómase o programa de actividades “Gondocultura” coa actuación do artista gondomareño Rubén de Lis, suspendido a pasada fin de semana debida ás pésimas previsións meteorolóxicas anunciadas para aqueles días.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.