Martes, 1 Xullo de 2025

Baiona

Corte de Tráfico da PO-552 en Baiona pola 1ª Etapa da Volta Ciclista Profesional “O Gran Camiño”

O Concello de Baiona, a través da Jefactura da Policía Local de Baiona, vai realizar un corte de tráficoy desvío de tráfico mañá xoves, 24 de febreiro, en xornada de mañá con motivo da 1ª Etapa da Volta Ciclista Profesional "O Gran Camiño" que transcorrerá por Baiona e Nigrán.

Comeza o programa Vincúlate en Baiona

Onte foi un día importante para Vincúlate. A responsable do Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Baiona, Arantxa Rial, xunto coa encargada da actividad, Olalla Vergara, e dúas das veterinarias do hospital veterinario ROF Codina da facultade de veterinaria de Lugo, Ángela González e Susana Muñiz, estiveron seleccionando os cans que este ano participarán no proxecto Vincúlate.

O Concello de Baiona mellora a iluminación pública en Baíña co cambio de 33 luminarias por tecnoloxía LED

Baiona continúa coa renovación da iluminación pública do municipio, un proxecto impulsado desde a Concellería de Iluminación Publico do Concello.

A Subdelegación do Goberno coordina xunto o Concello de Baiona as medidas de seguridade para a Festa da Arribada

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra e o Concello de Baiona celebraron onte pola mañá unha Xunta Local de Seguridade cuxo punto prioritario centrouse en promover e coordinar todas as medidas encamiñadas a garantir a seguridade na localidade.

Persoas con discapacidade de Salvaterra de Miño e Baiona, no curso de comunicación en lingua castelá organizado por Cogami

As instalacións que COGAMI ten en Vigo, rúa Teixugueiras, nº 15 baixo, acollen nestes días un curso AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) de Comunicación en Lingua Castelá N2 no que participan persoas con discapacidade de Baiona, Salvaterra de Miño e Vigo.

COGAMI inicia curso de comunicación en lingua castelá dirixido a persoas con discapacidade de Salvaterra e Baiona

As instalacións que COGAMI ten en Vigo (rúa Teixugueiras, nº15, baixo) acollen un curso AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) de Comunicación en Lingua Castelá N2.

O aparcadoiro municipal “O Aral” de Baiona dispón dun novo sistema eléctrico de control de entrada e saída electrónica

O Concello de Baiona instalou un novo sistema de control de entrada e saída electrónica para as persoas usuarias do aparcamento municipal de “O Aral”.

Presentación do libro “Dedas” e contacontos mañá en Sabarís

Descubride qué se oculta tras as páxinas de "Dedas", un libro ilustrado dirixido nenos de 1 a 6 anos, cun divertido contacontos desta bela historia que se desenvolverá no Multiusos Mercado de Sabarís mañá venres 11 de febreiro a partir das 17.00 horas.

Baiona mellora a iluminación pública co cambio de 54 luminarias por tecnoloxía LED

O Concello de Baiona continúa desenvolvendo o seu de mellora do alumeado público e a súa substitución por elementos máis eficientes e, nesa liña nestes últimos días traballouse no cambio das luminarias nas zonas de Cabreiro e Portelos en Baredo.

A Navegación terapéutica realizada en Baiona no 2021 chegou a 16 mulleres e 21 menores

Un total de 16 mulleres vítimas da violencia de xénero e 21 das súas fillas e fillos menores de idade participaron en Baiona, o ano pasado, no programa de navegación terapéutica Vela contra a violencia de xénero froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Monte Real Club de Yates da localidade que a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, ven de coñecer de primeira man.

Aberto o prazo para participar no Concurso de Comparsas de Entroido de Baiona

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona informa de que mañá se abre o prazo de solicitude para participar no Concurso de Comparsas de Entroido 2022. O prazo estará aberto do 2 ao 16 de febreiro, ambos inclusive.

O Entroido de Baiona adiántase ao sábado 19 de febreiro

O Concello de Baiona adianta unha semana a celebración do Entroido. Aínda que a data oficial será a última fin de semana de febreiro, desde a Concellería de Cultura decidiuse adiantalo sete días para que a súa celebración non estea tan próxima á festa máis popular da vila, a Arribada, que este ano se celebrará o 4, 5 e 6 de marzo, e que tamén encherá de fantasía, neste caso medieval, as rúas da localidade.