Venres, 4 Xullo de 2025

Baiona

A Arribada celebra este ano o seu 530 aniversario

Baiona acollerá a próxima fin de semana, entre os días 3 e 5 de marzo, a celebración da 27 edición da festa da arribada no seu 530 aniversario, na que se espera contar cun gran número de visitantes, que poderán participar nos talleres, animacións e exposicións organizados, así como no Foro Iberoamericano que se ofrecerán en días previos.

Baiona, O Porriño e Redondela reciben novas achegas do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar novos recursos do Plan Concellos por 1,6 millóns de euros que beneficiarán a dez municipios da provincia. Trátanse de once achegas das Liña 1 de investimentos e da Liña 2 de pago de gastos correntes e financiamento de actividades socioculturais.

A “Asociación de Cidades Colombinas”, da que forma parte Baiona, traballa nun proxecto internacional

A ‘Asociación de Cidades Colombinas’ quedou hoxe constituída oficialmente en Madrid, nun acto celebrado na Casa de América no que participou o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, un dos impulsores do proxecto.

A volta ciclista a Galicia pasará por Baiona o venres 24 ao mediodía

A segunda edición de “O Gran Camiño”, o novo formato da volta ciclista a Galicia que se disputará do 23 ao 26 de febreiro en catro etapas, unha por provincia, atravesará Baiona o vindeiro venres día 24 ao mediodía.

O alcalde de Baiona pecha o mandato cun amplo calendario de ocio e cultural

O alcalde e candidato socialista á alcaldía de Baiona, Carlos Gómez Prado, destaca que “pechamos o mandato municipal cumprindo un dos nosos obxectivos prioritarios en 2019: que a vila tivese un calendario cultural e de ocio desestacionalizado durante os doce meses do ano”.

A Arribada 2023 permitirá visitas online en directo

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, vai lanzar o vindeiro sábado 4 de marzo unha nova campaña de promoción turística dixital que incorpora como principal novidade circuítos virtuais en directo pola XXVII celebración da Arribada, Festa de Interese Turístico Internacional baionesa.

Baiona ofrece un monólogo o vindeiro 24 de febreiro

O vindeiro venres, 24 de febreiro, o Auditorio Municipal V Centenario de Baiona acollerá ás 19:30 horas o monólogo “Non solo duelen los golpes”, da activista feminista Pamela Palenciano.

Baiona transforma o Paseo Pinzón co plan ReacPon

A remodelación da contorna do Paseo Pinzón en Baiona que están a executar Deputación de Pontevedra e Concello supón o tiro de saída para a transformación urbanística da vila, como subliñaron a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Carlos Gómez.

Baiona acolle o Torneo Senior de Flag Football

O vindeiro domingo, 19 de febreiro, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, e o recién creado club local de Baiona, ”Os Conquerors”, disputarán no campo de fútbol “O Aral” do seu primeiro Torneo Senior de Flag Football (Fútbol Americano sen contacto).

O Concello de Baiona renova a pista polideportiva do colexio de Belesar

O Concello de Baiona informa do remate das obras de renovación da pista polideportiva do CEIP de Belesar, dando resposta ás demandas dos pais e a comunidade educativa.

Baiona abre o prazo de solicitude de subvencións para actividades deportivas

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, convoca unha liña de subvencións destinadas a fomentar e difundir aquelas actividades deportivas organizadas polas asociacións sen ánimo de lucro no ámbito territorial do Concello de Baiona durante o ano 2022.

Vinte e cinco mulleres desempregadas de Baiona participan na segunda edición de ‘Galegas Dixitais’

A acción formativa “Galegas Dixitais”, un programa de formación para a dixitalización das mulleres, coa que colabora a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, comenzou esta semana no centro multiusos Ángel Bedriñana.