Martes, 16 Setembro de 2025

Baiona

Os percebeiros de Baiona defenden en Santiago os intereses das familias da vila

A Cofradía de Baiona manifestouse a mañá do sábado en Santiago de Compostela en defensa da actividade dos percebeiros da vila, dos que dependen máis de 115 familias.

Baiona, sede da Liga Nacional de Bádminton esta fin de semana

Os próximos 15 e 16 de abril volve o mellor bádminton nacional á vila de Baiona con motivo da celebración da xornada final da liga Nacional Bronce no Pavillón Municipal da localidade.

Xornada en Baiona sobre a Cultura Castrexa no Val Miñor

A Casa da Navegación de Baiona organiza unha xornada para divulgar o estado actual da Cultura Castrexa no Val Miñor.

Baiona súmase ao reto da reciclaxe

Baiona é un dos 11 municipios galegos que participan na campaña “Recicla, únete ao reto” co obxectivo de mellorar os datos de quilos recolleitos a través do colector amarelo.

Comeza a segunda fase de humanización da rúa Carabela Pinta de Baiona

O Concello de Baiona iniciará o vindeiro martes, 11 de abril, as obras da segunda fase da humanización da rúa Carabela Pinta, cun orzamento de adxudicación de 285.000 euros.

Baiona goza das procesións de Semana Santa

A Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona atópase inmersa nos preparativos das procesións da Semana Santa. Tras semanas de ensaios e preparativos na capela da Misericordia, os máis de sesenta costaleros da Irmandade da Santa Casa, a confraría máis antiga de Galicia, volverán a saír de procesión.

Chega a nova edición de “Degusta Europa” a Redondela e Baiona

A Deputación pon en marcha unha nova edición de “Degusta Europa”, un programa co que a institución provincial conmemora o Día de Europa, efeméride que recorda cada 9 de maio a firma da “Declaración de Schuman” (1950), a través de degustacións gastronómicas en mercados e prazas de abastos da provincia.

Baiona ofrece rutas guiadas gratuítas en Semana Santa

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas durante Semana Santa.

Renovada a instalación de bombeo da Escola de Educación Infantil “O Areal” de Sabarís

O Concello de Baiona informa do remate das obras de renovación da instalación de bombeo da Escola de Educación Infantil “O Areal” de Sabarís, dando resposta ás demandas dos pais e a comunidade educativa.

Baiona inaugura o Parque Infantil Os Tendais

O Concello de Baiona vén de acometer a reforma integral do céntrico Parque Infantil Os Tendais coa substitución dos xogos existentes, a renovación do pavimento de caucho e a mellora da accesibilidade deste espazo ao abeiro do Plan Concellos da Deputación.

Baiona comeza o programa de conciliación familiar de Semana Santa

Baiona iniciou hoxe o programa de Conciliación no que participan 34 nenos de entre 3 e 12 anos esta Semana Santa.

Baiona acolleu o IV Torneo Integra Vila

Baiona foi, esta fin de semana, a capital galega do deporte inclusivo coa celebración do IV Torneo Integra Vila de Baiona.