Luns, 21 Xullo de 2025

Redondela

Redondela traballa para conseguir unha pista de atletismo reglamentaria

O Concello de Redondela traballa da man con C.A.R. para conseguir o espazo adecuado para a pista de atletismo reglamentaria. A idea inicial era instalar unha pista de atletismo no IES Illa de San Simón, para a que xa se traballara nun convenio de colaboración coa Xunta.

A Autoridade Portuaria de Vigo ningunea ao Concello de Redondela

O Concello rexeita, unha vez máis, converter o Estreito de Rande, nun espazo industrializado como pretende a APV, ao utilizar o Peirao da Pedra como almacén e taller de reparacións para a empresa Atlánticas Vigo, S.L. que non conta con licencia de actividade do Concello de Redondela.

Redondela despide o ano coa “Festa Infantil de Fin de Ano” e un concerto de París de Noia

O Concello de Redondela presenta a popular festa de Pre-Fin de ano que se celebrará o 30 de decembro no Campo da Feira con París de Noia e Móbil DC para festexar a entrada do ano novo bailando.

Redondela continúa mediando entre empresa e sindicatos para garantir os dereitos das traballadoras do SAF

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, mantivo unha reunión cos sindicatos o día 26 de decembro para facer un seguimento sobre as irregularidades da empresa Os ventos Innovación en Servizos, SL.

Redondela impulsa as compras locais co parking gratuito durante o Nadal

O Concello de Redondela promove o mercado minorista e de proximidade na vila a través do intercambio de tickets de compra locais por horas de aparcamento gratuito no Parking da Xunqueira.

Redondela presenta por primeira vez un programa de formación de persoas adultas

O Concello de Redondela presenta o Programa de formación-educación de persoas adultas, como recurso socio comunitario de integración, e que permiten cubrir as necesidades detectadas das persoas usuarias do Departamento dos Sevizos Sociais.

O tren turístico de Nadal xa percorre as rúas de Redondela

Durante a oferta de nadal do Concello de Redondela, o Tren Turístico aumentará o seu roteiro de forma especial durante as festas. O 22, 23, 24, 26 ao 27 de decembro e do 2, 3, ao 4 de xaneiro o horario do tren turístico será de 17:00 a 20:00 horas.

O BNG apremia ao goberno redondelán a rematar as obras da ponte de Casal do Monte en Saxamonde

As obras da ponte sobre a vía férrea en Saxamonde iniciáronse hai cinco anos, e ante o que o BNG cualifica de “desinterese do Goberno” o portavoz nacionalista Xoan Carlos González, urxe ao Goberno a que afronte o remate das obras de inmediato tendo en conta “as evidencias do deterioro da ponte ubicada sobre a vía férrea perto do túnel dos Valos”.

Asociación de Empresarios de Redondela e EEI A Marisma únense nunha iniciativa para incentivar as compras no mercado local

Sempre é un bo momento para sensibilizar sobre a importancia do consumo no comercio local, pero si compre, no Nadal aínda mais e así votou a andar unha colaboración da Asociación de Empresarios de Redondela e a Escola de Educación Infantil A Marisma na que participaron 108 nenos e nenas do centro educativo.

A xustiza pronúnciase a favor do Concello de Redondela no recurso interposto polo alumeado de Nadal

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, cualificou hoxe de “absoluta irresponsabilidade” o intento do PP de desprestixiar ao goberno local facendo alegacións falsas sobre a contratación do alumeado de Nadal. Por unha banda, a alcaldesa denunciou o intento de boicot, o día do acendido, "mentindo nas redes sociais e nos medios ao dicir que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia ordenou a suspensión do alumeado de nadal; por outra banda xustificaron estas afirmacións con información manipulada que difundiron de forma ilegal e sen contexto".

Papá Noel chega a Redondela a pesar da choiva

O sábado, 17 de decembro, Papá Noel chegou ao concello de Redondela para encher de ilusión aos nenos, escoitar as súas peticións e ir preparando todo para o día de Nadal.

Chega a ruleta da sorte de Nadal a Redondela

O comercio local presenta a súa campaña de Nadal. Unha campaña que ven marcada por unha decoración temática baseada no conto dos Crebanoces que traerá sorpresas durante o Nadal.