Luns, 21 Xullo de 2025

Redondela

Redondela contará por primeira vez con 2 recoñecementos especiais en Fitur

Redondela participará en Fitur por primeira vez na historia do municipio con 2 recoñecementos especiais, ademais da participación dentro do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

O multiusos de Redondela acolle a exposición fotográfica do Obradoiro Fernando Monroy

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy xa instalou no Multiusos de Redondela a exposición correspondente ao décimo sétimo certame de fotografía. A mostra estará aberta ata o vindeiro mes marzo e na inauguración estivo presente a concelleira de Cultura, Iria Vilaboa.

Redondela renovará o saneamento e abastecemento na Subida a Cidadelle, en Redondela

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha importante achega de 355.465 € da Liña 1 do Plan Concellos para Redondela, que destinará ás obras de renovación das redes de saneamento, pluviais e abastecemento do Camiño Subida a Cidadelle, na parroquia de Chapela.

Redondela acada os mellores resultados turísticos dos últimos 5 anos

Redondela recupera, con ritmo, a importancia que en materia turística corresponde ao cuarto concello da provincia de Pontevedra, así o indican os datos aportados pola Concellería de Turismo.

Novas axudas do Plan Concellos a Redondela, Arbo e O Porriño

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde a dez novas achegas da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos 2023 por importe de 2 millóns de euros, que beneficiarán aos concellos de Fornelos, Lalín, Poio, Vilagarcía, Redondela, Silleda, Campo Lameiro, O Porriño, Arbo e A Estrada.

A Concellería de Normalizacón Lingüística presenta a serie documental ‘Os tesouros de Redondela’

A Concellería de Normalizacón Linguística do Concello de Redondela, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, presenta un proxecto audiovisual sobre o patrimonio do municipio centrado nas parroquias.

O Concello de Redondela realiza unha limpeza das zonas máis concurridas de Chapela

O Concello de Redondela limpa as zonas máis concurridas de Chapela, con medidas e equipos de reforzo de hidrolimpeza para eliminar o verdello e baldear as rúas e edificios.

Volve o programa ‘Maiores de Redondela en Ruta’

A Concellería de Persoas Maiores do Concello de Redondela, que xestiona Iria Vilaboa vén de anunciar a volta do programa 'Maiores de Redondela en Ruta' coa intención de ofrecer ás persoas maiores de 55 anos, a posibilidade de gozar de excursións de un día de duración a lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial.

Redondela denuncia o uso irregular da Enseada de San Simón por parte da Autoridade Portuaria de Vigo

O Concello de Redondela vén de reunirse coa Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, a Asociación de Veciños de Chapela e representantes da Confraría de Pescadores de San Xoan de Redondela e Virxe do Carme de Arcade entre outros representantes de asociacións e entidades afectadas.

O Concello pecha temporalmente o paseo do río Maceiras

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Redondela vén de pechar temporalmente o acceso ó Paseo do Maceiras, por mor da crecida do río.

Redondela e Chapela terán Cabalgatas de Reis para que nenos poidan gozar dun dos días máis esperados do ano

Redondela e Chapela celebrarán o día 5 de xaneiro do 2023 a esperada cabalgata para recibir aos Reis Magos de Oriente e que os nenos poidan gozar dunha das actividades máis ilusionantes do Nadal.

Redondela volve a celebrar o certame de Rondallas e Ranchos de Reis e a tradicional Feira de Reis

O Concello de Redondela celebra, o día 6 de xaneiro, o tradicional certame de Rondallas e Ranchos de Reis para o que destinan 3.000 euros de presuposto en premios. Ademais de ser un día de troula e celebración, tamén coincide coa tradicional Feira de Reis que corresponde coa primeira feira do ano e que soe ser das máis concurridas.