Sábado, 19 Xullo de 2025

Redondela

Redondela presenta “Mulleres do téxtil”

O Concello de Redondela colabora coa iniciativa "Mulleres do téxtil" de José Manuel González e Roberto Casal Mouriño. O proxecto preséntase hoxe no Multiusos da Xunqueira, nun acto que ten a intención de achegar o proxecto á veciñanza.

Redondela ofrece a exposición ‘En destaque, mulleres na historia’

O Concello de Redondela colabora, unha vez máis, coa Fundación Filomena Rivero Alonso a través da exposición En desgaste, mulleres na historia.

Redondela reafirma no 8M o seu compromiso coas mulleres

O Concello de Redondela realizou o acto institucional no Multiusos da Xunqueira debido ao mal tempo. Alí leron o manifesto Lorena Rodriguez, veterana do equipo Sarillas de Balonmán e membro de Protección Civil; Cruz Bastos empresaria de Redondela e Paula Amoedo, artista gráfica e visual. Todas elas participantes do programa de radio municipal ‘As mullers contan, percorrendo camiño’.

Redondela continúa ampliando a programación do 8M

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela, dirixida por Iria Vilaboa, vén de dar a coñecer os obradoiros “8M pola igualdade de oportunidades” e “Os nosos corpos, as nosas normas”, dúas inciativas que amplían a programación do 8M do municipio.

Redondela inaugura unha nova zona de xogos infantil no Parque Infantil Xohana Torres

O Concello de Redondela inaugura unha nova zona de xogos infantil inspirada na tradición ferroviaria da Vila. Esta está composta por unha estructura de xogo en forma de tren, xunco con mereindeiros e bancos novo,s e sitúase exactamente debaixo do viaduto que pasa por riba do parque Parque Infantil Xohana Torres.

A programación do 8M de Redondela extenderase durante todo o mes

A Concellería de Igualdade, que xestiona Iria Vilaboa, vén de ultimar un amplo programa para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, e poñer o foco de atención sobre a igualdade como eixo imprescindible para acadar unha sociedade xusta.

Redondela inaugura a Cultural de Quintela

O Concello de Redondela inaugura o domingo 5 de marzo o Centro Cultural de Quintela, unha obra realizada nos terreos cedidos por ADIF-AV e que foron licitadas cun importe de 423.635,22 €.

O IES de Chapela inaugura o ciclo de proxeccións do documental sobre Domingo Fontán

O IES de Chapela inaugurará este luns o ciclo de proxeccións do documental ‘Fontán, o primeiro rostro de Galicia’ sobre o matemático e xeógrafo Domingo Fontán (Portas, 1788 - Cuntis, 1866) e a primeira carta xeográfica galega feita por él.

A Deputación otorga o ‘selo Revitaliza’ a seis centros educativos de Redondela

A Deputación de Pontevedra vén de distinguir co ‘selo Revitaliza’ a seis centros de ensino do concello de Redondela por compostar de maneira responsable o seu lixo orgánico

As feira de Chapela trasládase ao aparcamento do pavillón municipal

O Concello de Redondela anuncia que A Feira de Chapela dos días 2 e 16 de cada mes, trasládase a partir de marzo ao aparcamento do Pavillón Municipal de Chapela (Avenida Redondela, 17, 36320 Chapela, Pontevedra), pola realización das obras do ‘Campito’ e a Alameda de Rosalía de Castro.

A Concellería de Persoas Maiores de Redondela pon en marcha as ‘Visitas Culturais’

A Concellería de Persoas Maiores do Concello de Redondela, que xestiona Iria Vilaboa, vén de anunciar a posta en marcha do programa 'Visitas Culturais'

Redondela e Aqualia presentan o XXI Concurso Infantil de Debuxo Dixital

A Concellería de Educación e a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela presentan, en colaboración con Aqualia, a XXI edición do Concurso de Debuxo Infantil centrado na vida saudable e sostible para celebrar o Día Mundial da Auga.