A Xunta leva á illa de San Simón un campamento e un campo de voluntariado de temáticas cultural e ambiental. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá os participantes nestas actividades, que forman parte da campaña de verán posta en marcha polo Goberno galego.
A historia da mestra redondelá Ernestina Otero protagoniza este mes de agosto o programa da Deputación “Aquí faltan páxinas”, un ciclo de relatos sonoros e conferencias que nace da colaboración da institución provincial con O Cable Inglés para dar a coñecer a traxectoria de mulleres galegas extraordinarias.
Un total de 12 creadores poderán participar nas residencias literarias na Illa de San Simón que vén de convocar a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, unha das novas accións contempladas no Plan de impulso ao libro galego, aprobado recentemente no Consello da Xunta.
A Asociación de Empresarios está a repartir entre os comercios participantes o kit de material decorativo que inclúe bolas de discoteca, guirnaldas, etiquetas especiais para marcar de prezos e descontos exclusivos da xornada así como a cartelería das promocións personalizadas de cada establecemento.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, puxo hoxe de relevo que a futura Lei de igualdade regulará os dereitos das mulleres do sector marítimo-pesqueiro e daralles prioridade nas políticas de emprego. Así o dixo no contexto dunha convivencia de mariscadoras na que participou, na illa de San Simón
O programa provincial “Depo Auga”, co que a Deputación de Pontevedra oferta actividades de pádel surf e caiac en contornas de ríos e rías da provincia, péchase esta fin de semana no concello de Redondela, con percorridos pola Ría de Vigo e a Illa de San Simón os días 29 e 30 de xullo.
O Festival Sinsal SON Estrella Galicia sorprenderá esta fin de semana o público que acuda un ano máis á Illa de San Simón para gozar cun cartel musical secreto e que estará conformado por 26 bandas procedentes de 18 países.
O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy anuncia a apertura da "Exposición de fotografía" correspondente á XVII edición do concurso de fotografía.
Na xornada abordaranse os retos da dixitalización no sector e presentarase a última convocatoria aberta pola Axencia de Turismo de Galicia para a promoción da dixitalización, celebrarase mañá martes, 18 de xullo, ás 17:30 horas no Museo Meirande.
Falece un guindastrista ao quedar atrapado entre o seu vehículo e un muro cando descargaba un coche en Redondela. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.