Onte, día 1 de novembro, abriu o prazo para que as persoas afectadas polo incendio dos seus vehículos o pasado 20 de marzo poidan solicitar as axudas básicas de emerxencia establecidas polo Concello de Tui.
O ciclo Outono Teatral continua esta semana na Guarda coa representación de “As Alumnas”, unha obra que recupera a historia de María Barbeito (A Coruña, 1880-1970, destacada mestra, pedagoga e escritora e unha das figuras femininas de máis destaque na Galicia urbana do primeiro tercio do século XX.
A veciñanza de Salceda e arredores está convidada ao Concurso de Pinchos, que regresa nunha terceira edición que se desenvolverá os días 3, 4, 10 e 11 de novembro coa participación de 11 establecementos de hostalería do Concello.
O Concello de Tui amosa anualmente o seu apoio á práctica deportiva de alto nivel coa convocatoria de bolsas dirixidas aos e ás deportistas que neste ano teñen participado en competicións federadas de ámbito internacional.
O Clúster Turismo de Galicia celebrou unha mesas de traballo en Baiona, concretamente, no Multiusos Mercado de Sabarís, para elaborar un diagnóstico do sector, coñecendo de primeira man as súas necesidades e demandas do sector na vila.
O Pleno de Mos aprobou onte por unanimidade a moción conxunta de toda a Corporación Municipal de apoio a Madera Fiber Technologies (antiga Faurecia Interior System) ante a presenza, no Pazo de Mos, dun grupo de traballadores afectados que, a través dunha representante dos mesmos, Marta Méndez Senlle, fixo lectura da devandita moción que se someteu a votación.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; e o alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo, asinaron este martes un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030).
Tomiño está de estrea esta fin de semana. O Grupo San Roquiño proxecta por primeira vez a súa última longametraxe, ‘Goián vaciado’, unha historia na que a veciñanza interpreta aos personaxes máis variadas para pasar unha tarde cargada de risas, humor e sátira.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o mercado Municipal das Neves, onde a administración autonómica está a investir máis de 40.000 euros como parte das axudas para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e rehabilitación das prazas de Abastos.
O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este xoves 2 de novembro de 9:00 a 12:00 no Pavillón Municipal de Panxón para participar o xoves 9 de novembro nunha excursión a Camariñas.
Achégase o Samaín e, con el, algunhas propostas culturais pensadas para toda a familia. O Centro Cultural de Mougás acolle hoxe martes 31 de outubro a obra ‘Heinrich: aprendiz de mago’. Trátatase dun espectáculo infantil da compañía Simplemente Enricco no que o teatro se combina coa maxia e o circo.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.