Martes, 16 Setembro de 2025

Comarcas

Covelo prepara as árbores das prazas para evitar riscos e posibles incidencias

O Concello de Covelo contratou os traballos de poda e arranxo de árbores nas prazas públicas para evitar riscos de caídas e posibles danos á poboación.

Unha unidade móbil de doazón de sangue chega ao Rosal este luns 6 de novembro

O Rosal comeza o mes de novembro cunha nova visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará no concello o vindeiro luns 6 á disposición de todas aquelas persoas que queiran deixar a súa pinga de solidariedade.

Quinta sesión dos “Encontros en Familia” na Guarda

O próximo martes día 7 de novembro continúa na Guarda Encontros en familia coa quinta sesión “Ruptura da parella, moitas perdas e algunhas gañancias”. Nesta ocasión trataremos a importancia de saber actuar ante unha ruptura de parella e os cambios asociados ao núcleo familiar que isto provoca.

Aprendendo a navegar na rede na sala multiúsos de Covelo

As persoas maiores de 50 anos aprenderon, cos profesionais de Redeia e CIBERVoluntarios.org, a relacionarse electronicamente coa administración e navegar dun xeito seguro pola rede grazas aos cursos gratuítos de iniciación a internet e administración electrónica que se impartiron na sala multiúsos do Concello de Covelo.

O Balneario de Mondariz recibiu o Premio Nacional á Experiencia Turística

Balneario de Mondariz foi recoñecido nunha gala en Madrid co Premio Nacional á Excelencia Turística por tres séculos de historia termal desde que, en 1873, os irmáns Peinador fundasen a empresa e fosen declaradas de utilidade pública as súas augas mineromedicinais.

Salvaterra acolle a mesa para a elaboración dunha estratexia de turismo para Galicia

A deputada de Turismo, Nava Castro, acaba de participar en Salvaterra do Miño na mesa territorializada para a elaboración da futura Estratexia de Turismo de Galicia 2024-2030.

O Rosal, sede da Liga Nacional de Futbolín

O Rosal convértese na sede no Baixo Miño da Liga Nacional de Futbolín. Este sábado 4 de novembro disputaranse os primeiros encontros da competición deste xogo tradicional con moita afección na comarca, que conta con dous antigos campións de España en movementos F-2 en 201, Carlos Álvarez, Sevi, e Dani Rodríguez, Tanza.

Nigrán ofrece este domingo a obra ‘Sincronizadas’

O Concello de Nigrán continúa co seu clásico 'Outono de teatro' este domingo 5 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal coa compañía coruñesa Farándula Velutina presentando a comedia para todos os públicos 'Sincronizadas'.

Redondela abordará a viabilidade das alternativas ao transporte escolar propostas pola Xunta de Galicia

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Ensino, Iván Valles, reuníronse onte en Pontevedra co responsable provincial de Ensino, César Pérez Ares, e a xefa Territorial de Mobilidade, María Martínez, para trasladarlles as necesidades dos centros de ensino público de Redondela.

Castañas, música, chouripán e obradoiros infantís no magosto popular e solidario de Covelo

Música, castañas e “chouripán”, así será o magosto popular que o Concello de Covelo celebrará este domingo a partir das 18:30 nos baixos do pavillón municipal.

Un alumno do CPI Antonio Palacios resulta gañador do concurso infantil dixital de Aqualia

Concello de Nigrán e Aqualia fixeron pública a relación de gañadores do Concurso Dixital Infantil que este ano se convocou baixo o tema "Aqual e ODS6, Aquaventura coa Cuadrilla Sostible", en torno ao site www.aqualiayods6.com.

Homenaxe no Rosal aos seus cabaqueiros

O Rosal rende homenaxe aos seus cabaqueiros. O Concello pecha as III Xornadas de Patrimonio cunha fin de semana centrada non só no traballo destes artesáns cerámicos que percorreron toda Galicia, España ou mesmo Brasil, senón tamén no que estes profesionais supuxeron a nivel económico e social para a comarca.