Xoves, 21 Agosto de 2025

Comarcas

A alcaldesa visita Soutoxuste, na parroquia do Viso, para atender as demandas veciñais

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada dos concelleiros Vicente Lamas e Alberto Álvarez, visitou esta pasada semana o barrio de Soutoxuste, na parroquia do Viso, para atender as demandas veciñais e darlles solución a maior brevidade posible.

A Festa do Requeixo e o Mel aposta por un formato ‘virtual’ e actividade continuadas ao longo de todo o 2021

O Concello das Neves que preside Xosé Manuel Rodríguez Méndez vén de adiantar que este ano, a 'Feira do Requeixo e do Mel', festa de referencia do municipio, "non será presencial". Ainda que os datos da evolución da pandemia sinalan una satisfactoria evolución no concello, no que non hai casos activos dende hai máis dun mes, o Goberno municipal tomou a decisión de non colocar os tradicionais postos na Praza Maior e apostar por unha edición 'on line', que terá máis duración no tempo

Mos inicia o proxecto da senda peonil Porselo-Brea que alongará a de Torroso para convertela nunha ruta circular de preto de 3 quilómetros

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte o inicio do expediente de expropiación da nova senda peonil Porselo-Brea, que enlazará coa xa existente senda peonil de Torroso (que vai desde o Multiusos das Pozas ata ASODIFISI) formando unha senda circular de preto de 3 quilómetros de lonxitude.

Lidl abrirá en Nigrán este outono, se a súa primeira tenda no Val Miñor

A apertura da tenda de Lidl na rúa As Pontes de Nigrán, xunto ao Centro de Negocios e a gasolineira, suporá a primeira incursión da cadea na comarca do Val Miñor. A previsión é que este establecemento, no que traballarán unha vintena de persoas, comece a funcionar durante o outono de 2021.

A Xunta destaca en Salceda de Caselas a implicación de Afaga na atención a persoas con Alzhéimer e as súas familias

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou onte o novo centro de día que a Asociación de Familias de Persoas con Alzheimer de Galicia (Afaga) inaugurou en Salceda de Caselas.

Salvaterra inicia as obras da rede de saneamento en Ermitas e Couto, na parroquia de Salvaterra e Toucedo, na parroquia de Alxén

O Concello de Salvaterra de Miño segue coas obras de ampliación da rede de saneamento municipal, e nesa liña ven de iniciar as obras nos barrios de Ermitas e Couto, na parroquia de Salvaterra, e no barrio de Toucedo na parroquia de Alxén, con cargo o Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

Ponteareas saca a concurso o Servizo de Axuda ao Fogar por máis de 900 mil euros ao ano

O Concello de Ponteareas sacará a concurso a continuidade na xestión do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), por un valor estimado de 5.249.520 euros por un período máximo de 5 anos, dous de contrato inicial e outros tres en prórrogas dun ano cada un. Unha vez rematado o período de concesión da anterior empresa adxudicataria, o Goberno ponteareán convocou o procedemento para a renovación deste servizo.

O Consorcio Contra Incendios dota aos parques da provincia dun novo camión para rescate e extinción en altura

O Parque do Servizo Contra Incendios do Porriño recibiu hoxe o novo vehículo pesado de rescate e de extinción en altura que se incorpora aos medios materiais do Consorcio provincial, adscrito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50% pola Xunta de Galicia.

O acondicionamento da estrada PO-331 en Gondomar reforza a seguridade e mellora o acceso ao polígono da Pasaxe

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salienta que as obras de acondicionamento executadas na estrada PO-331 en Gondomar reforzan a seguridade viaria e melloran o acceso ao polígono industrial da Pasaxe, tras un investimento da Xunta de case 435.000 euros.

O Rosal pon en marcha un novo Consello Municipal para traballar a prol do medio ambiente

O Concello do Rosal continúa dando pasos para afianzar o seu compromiso co medio ambiente, coa preservación da contorna e coa natureza. Neste camiño acaba de constituírse o Consello Municipal de Medio Ambiente.

O Concello de Nigrán insiste en pedir ante a Xunta a desafección da casa dos mestres de Camos ao acreditar que non ten uso...

O Concello de Nigrán reiterará oficialmente ante a Consellería de Educación a súa petición de desafección da vivenda dos mestres de Camos (en Balinfra, número 45) ao poder acreditar documentalmente que está deshabitada e en estado de abandono

Sae ileso un traballador tras precipitarse dentro dun pozo en Salvaterra de Miño

Un taballador foi rescatado ileso tras precipitarse ao interior dun pozo, esta mañá, no concello de Salvaterra de Miño. O 112 Galicia tivo constancia do feito mediante a chamada dun particular que avisou da caída dunha persoa nun pozo de, aproximadamente, cinco metros de altura e que se atopaba agarrado por una corda.