Mércores, 17 Setembro de 2025

Comarcas

Chapela estrea o campito remodelado

O Campito Chapela FS e a veciñanza en xeral poden gozar xa do remodelado espazo do campito. Esta zona deportiva siutada no centro da parroquia presenta un novo aspecto grazas a unhas obras de mellora que supuxeron un investimento de 287.507,36 euros.

Comeza a campaña solidaria de xoguetes en Arbo

O Concello de Arbo pon en marcha o próximo 20 de novembro ata o 15 de decembro a Campaña do Nadal de Recollida de Xoguetes.

O Rosal rematará a súa San Silvestre cunha gran chocolatada e sorteo de premios

O Rosal quenta motores para acoller unha nova edición da súa tradicional San Silvestre, unha proba que volve con ganas de reunir a todos os rosaleiros e rosaleiras para desfrutar do último día do ano.

Festa solidaria polos gatos que viven nas rúas do Porriño

O Porriño acolle o vindeiro 25 de novembro Gatitude, a festa solidaria en beneficio dos gatiños que viven na rúa.

As bandas sonoras protagonizan o concerto solidario de Santa Icía da Banda de Música Popular de Tui

A Banda de Música Popular de Tui vai celebrar a festividade de Santa Icía, patroa dos músicos, cun concerto solidario en beneficio de SOS Tomiño Baixo Miño protagonizado polas bandas sonoras.

Mondariz-Balneario recibe 90.000 € da Deputación para reparar infraestruturas municipais

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha axuda para o Concello de Mondariz-Balneario que lle permitirá reparar varias infraestruturas e instalacións municipais.

Ponteareas obtén o compromiso da IDAE de desbloquear o cobro de 3 millóns de euros en fondos europeos

A alcaldesa, Nava Castro e os concelleiros Silvia Fernández e Francisco Represas trasladáronse a Madrid para reunirse persoalmente coa Secretaría Xeral do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía, IDAE, organismo adscrito ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e solicitar o desbloqueo de preto de 3 Millóns de euros que este organismo lle adebeda ás arcas municipais.

O Porriño planta cara á violencia de xénero

O Concello do Porriño súmase, un ano máis, á conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres que se celebra o 25 de novembro.

Tomiño realiza dous talleres de autoestima dirixidos a mulleres

O Concello de Tomiño continúa camiñando cara á igualdade e a erradicación da violencia de xénero cunha ampla variedade de actividades coa que conmemorar o 25N.

Nigrán ofrece a obra de teatro ‘La molinera de Arcos’

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 18 de novembro ás 20.00 horas no Auditorio Municipal a nova proposta escénica dinamizada desde o Espazo +60 Afundación A Coruña.

Salvaterra prepárase para acoller a IX edición da Festa do Viño Espumoso

A punto de rematar o mes de novembro e comezar cos preparativos do Nadal chega unha das festas imprescindibles da programación do Concello de Salvaterra de Miño. O vindeiro día 2 e 3 de decembro celébrase a novena edición da Festa do Viño Espumoso D.O Rías Baixas.

Chega a X edición do Trail do Trega

O Concello da Guarda acolleu a presentación do X Trail do Trega, o cal esgotou dorsais e reunirá esta fin de semana a máis de 600 corredores. Nesta décima edición os participantes terán a oportunidade de correr e compartir experiencias xunto a Luis Alberto Hernando, triplo campión do mundo de trail e padriño oficial da proba.