Venres, 8 Agosto de 2025

Comarcas

Movemento Salceda e PSOE corroboran a firmeza do pacto de Goberno co relevo na Alcaldía

Movemento Salceda e PsdeG-PSOE ofreceron onte unha rolda de prensa conxunta para anunciar o cambio na alcaldía de Salceda de Caselas, relevo que se fará efectivo o vindeiro día 15 xuño, aos dous anos exactos de mandato.

O Conservatorio Municipal de Música festexa o seu fin de curso cun concerto ao aire libre

O Conservatorio Municipal de Música de Ponteareas prepara xa o seu fin de curso. Ante a situación sanitaria que se está a vivir, nesta ocasión o Conservatorio cambiará a súa tradicional actuación no auditorio municipal por un concerto para todos os públicos ao aire libre.

A Biblioteca Municipal do Porriño incorporarase á rede “Bibliotecas en igualdade”

A Concellería de Cultura informa que mañá 3 de xuño formalizarase a sinatura da carta de adhesión da Biblioteca Municipal do Porriño ao manifesto “Bibliotecas en igualdade”.

Alcaldesa e concelleiro do Rosal visitan as obras de mellora do ramal de San Xián

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández, visitaron estes días as obras de mellora que se están a realizar no ramal de San Xián.

Arranxadas as pistas de tenis do Polideportivo Municipal do Porriño

A alcaldesa do Porriño, Eva Garcia, comprobou o resultado das obras de arranxo das pistas de tenis do Polideportivo Municipal. A rexedora compartiu a visita co concelleiro de Deportes, David Alonso e co presidente do Club de Tenis Porriño, Agustín Doval.

O Concello de Baiona realiza unha campaña de concienciación sobre reciclaxe nos colexios

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Medio Ambiente, Rosa María Domínguez Roda, acudiron xunto ao alumnado do C.P.I. Cova Terreña, a unha charla divulgativa sobre a importancia da reciclaxe de residuos para o coidado do medio ambiente.

Tui acollerá o parladoiro entre a literatura galega e as historias de navegación

A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle hoxe mércores, 2 de xuño, ás 20 horas o parladoiro “A Galicia navegante no imaxinario literario”. No mesmo participarán os escritores Víctor Freixanes, Pemón Bouzas e Ramón Nicolás.

Sanidade establece o nivel máximo de restricións no concello de Mos

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Mos e A Pobra do Caramiñal.

Nigrán dispón dun novo camión 4×4 para optimizar os traballos do departamento de Vías e Obras

O Concello de Nigrán traballa xa cun novo camión 4x4 e de dous eixos que permite optimizar as tarefas do departamento de Vías e Obras, xa que dispuña ata agora de outros dous de menor dimensión e moi anticuados tras décadas sen renovarse.

Uns 200 ciclistas danse cita este sábado 5 de xuño no XV Trofeo Montes do Rosal

A Praza do Calvario será este sábado 5 de xuño o punto de partida dos preto de 200 ciclistas que participarán no XV Trofeo Montes do Rosal, unha proba organizada polo Club Ciclista do Rosal en colaboración co Concello, a Federación Ciclismo Galego, a Fundación Deporte Galego, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, e que conta co patrocinio de outras entidades e empresas.

Un documental das “traídas de augas” abre a Semana do Medio Ambiente de Tomiño

A estrea do documental “Da nosa man. As traídas de auga de Tomiño”, marca mañá o comezo dos actos organizados polo Concello, baixo o lema Tomiño Natural, para conmemorar o Día Internacional do Medio Ambiente.

O conservatorio de Gondomar despide o ano académico cun concerto dos seus alumnos

Os mozos e mozas do último curso do Conservatorio Elemental de Gondomar participarán nun concerto que se desenvolverá este mércores 02 de xuño na Praza Paradela a partir das 19.00 horas.