Sábado, 9 Agosto de 2025

Comarcas

“Terra, cebada e uva” e “Bastión”, gañadores da VIII edición da Festa da Empanada de Gondomar

O xurado profesional distinguiu o traballo feito polo establecemento “Terra, cebada e uva” que recibiu o primeiro premio, patrocinado polo Parador de Turismo “Conde de Gondomar”. Pola súa banda a Xamonería, Tapería "Bastión" obtivo o primeiro premio outorgado polo xurado popular , converténdose así os dous establecementos nos gañadores da VII Festa da Empanada de Gondomar.

O Concello da Guarda realiza melloras en diversos camiños do rural

Dende a Concellería de Vías e Obras do Concello da Guarda estase a levar a cabo diversas obras de mellora do firme en distintos camiños de barrios do rural guardés.

O alcalde da Cañiza inaugura a exposición fotográfica sobre o dano cerebral adquirido “Punto e Seguido”

O alcalde Luis Piña inaugurou a mostra fotográfica “Punto e Seguido: A vida despois do Dano Cerebral Adquirido”, acompañado de persoal da Federación Galega de Asociacións de Dano Cerebral Fegadace.

Baiona aumenta un 68% os abonados do aparcadoiro do Aral pola rebaixa das tarifas

O aparcadoiro municipal do Aral aumentou nun 68% a cifra de abonados no primeiros seis meses do ano 2021 debido á ordenanza que rebaixou as tarifas, ao pasar de 221 a 372 abonos mensuais.

Aberto o prazo para solicitar as axudas para actividades económicas na Guarda

O obxecto destas axudas é paliar o impacto económico que sufriron aquelas empresas ou autónomos que tiveron que cesar a súa actividade como consecuencia da ORDE de 26 de xaneiro de 2021

O Issga formará a 45 alumnos e alumnas de FP de Redondela sobre prevención laboral en traballos en altura

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dependente da Consellería de Emprego e Igualdade, reforza a súa oferta formativa en prevención de riscos laborais coa impartición dun curso sobre técnicas e sistemas aplicables a traballos en altura para 45 persoas alumnas de ciclos de Carpintería e Moble, Deseño e amoblamento e sistemas de telecomunicación e informáticos.

O PSOE de Tomiño reprocha ao Goberno local a falta de investimentos no comercio local e a hostalaría

O PSdeG-PSOE de Tomiño denunciou na última sesión plenaria da corporación, que na súa orde do día contaba cunha modificación de crédito de prego dun millón de euros, "a falta de investimentos no comercio local e a hostalaría". Segundo a portavoz socialistas, Violeta de Santiago "debemos ser o único Concello da contorna que non inxectou nin un só euro no comercio local, un dos sectores, xunto a hostalaría, máis afectado por esta pandemia".

O BNG do Porriño mantén a súa aposta pola contorna do río Louro

A concellaría de Urbanismo do Concello do Porriño, dirixida polo nacionalista Pedro Pereira, vén de chegar a un acordo para a compra de 20.000 m2 de terreo na contorna do río destinados a crear unha gran zona verde no Porriño. Con esta iniciativa o BNG porriñés mantén a súa aposta polo incremento das zonas verdes, algo que forma parte do modelo de vila que sempre defendeu a formación nacionalista.

O Alumnado do CEIP Manuel Rodríguez Sinde da Guarda, celebrou o Día Mundial do Medio Ambiente

O venres día 4 de xuño de 2021, o Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu fermoso acto no que o alumnado do CEIP Manuel Rodríguez Sinde fixo entrega ás autoridades locais de varios carteis nos que se amosa, en tres linguas e con debuxos, o que debe de ser un bo peregrino.

Baiona abre o prezo para que hostalaría, restauración e comercio soliciten axudas pola COVID-19

O Concello de Baiona vén de informar que unha vez pasados os prazos administrativos de exposición pública e para a presentación de alegacións, xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para os sectores do comercio, hostalaría e resturación, que serán resoltas por orde de entrada no Rexistro do Concello e que se poderán presentar a partir de mañá luns en horario de 9 h a 13 horas.

Concello e comisión das Festas do Monte da Guarda reúnense cos representantes das Bandas Mariñeiras

O pasado xoves, 3 de xuño, reuníronse no salón de plenos do concello da Guarda, o alcalde, a concelleira de cultura, o concelleiro de festas e festexos populares, representantes das comisións das Festas do Monte e representantes das Bandas Mariñeiras.

Arbo segue potenciando e recuperando o seu patrimonio histórico

O Concello de Arbo, recibe unha achega para as obras de “Mellora de pavimentación do entorno da Capela de San Pedro ”, tras resolución de concesión de Subvención da Deputación provincial de Pontevedra na Xunta Local de data 4 de decembro de 2020.