Sábado, 7 Xuño de 2025

Comarcas

Arranca a campaña ‘Este Nadal merca en Nigrán’

O Concello de Nigrán, xunto coa asociación de empresarios Ovalmi, arrancan hoxe unha nova campaña de promoción do comercio local coa presentación en redes do vídeo #EsteNadalMercaEnNigrán.

O Comercio de Chapela involúcrase de cheo nunha campaña solidaria para axudar ás familias da parroquia que máis o precisan

Pese a ser un dos sectores máis maltratados pola crise derivada da pandemia da COVID-19, o comercio de Chapela vén de dar un paso ao fronte para axudar ás familias que peor o están pasando na parroquia.

Gondomar inaugura o tradicional belén artesanal en movemento

Hoxe sábado, ás 18.30 horas, abrirá as súas portas na Casa da Cultura o Belén artesanal en movemento de Gondomar, que este ano inclúe algo máis de 150 pezas en movemento e ocupa máis 50 metros.

O Balonmán Saeplast Cañiza doa alimentos ao almacén municipal

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, agradece a toda a familia do "Clube de Balonmán Saeplast Cañiza" polos alimentos doados esta semana ao almacén municipal.

O Rosal inaugurará o ecoparque do Sobreiral o vindeiro 8 de decembro cun magosto

O Rosal está a piques de estrear o seu ecoparque do Sobreiral, un espazo verde no centro do municipio que combina natureza, lecer e inclusividade.

O Concello visita ós produtores singulares de Tomiño para animalos a compostar

Para acadar outro fito do Revitaliza do Concello e da Deputación de Pontevedra, o mestre e a mestra composteira de Tomiño están visitando a “produtores singulares” do municipio, entendendo estes como entidades produtoras de biorresiduos diferentes a domicilios familiares, o que son centros especializados ou establecementos de hostalería.

Mos presenta a súa programación de Nadal

Tras o acto de acendido do alumeado de Nadal celebrado o pasado domingo 28 de novembro, que contou con mercadillo artesanal, chocolate con rosca e concerto de Broken Peach, continúa a programación navideña organizada polo Concello de Mos.

Ponteareas aproba a súa ordenanza de mobilidade e utilización do espazo público

O Concello de Ponteareas aprobou no pleno a nova Ordenanza de Mobilidade Amábel e Utilización do Espazo Público. A nova norma foi aprobada con tan só 4 votos en contra (ACIP), a abstención do PP e o voto favorábel do goberno (BNG-PSOE).

O Nadal arranca en Ponteareas este sábado 4 co acendido da iluminación e animación nas rúas

Ponteareas dá a benvida ao Nadal esta fin de semana. O Goberno municipal convida a toda a veciñanza a participar no acendido das luces de Nadal este sábado 4 de decembro, co que arrancará tamén a programación prevista para estas datas.

Redondela e a Asociación Érguete organizan unha charla sobre a pegada das novas tecnoloxías na mocidade

A Asociación Érguete e o Concello de Redondela organizan, o vindeiro martes 14 ás 18.30 horas no auditorio do Multiúsos da Xunqueira, unha charla sobre A pegada das novas tecnoloxías na mocidade.

A Cañiza da comezo ao Nadal mañá co acendido das luces

Na tarde noite de mañá sábado 4 de decembro, o Concello da Cañiza acenderá as luces deste Nadal 2021. Igual que estes dous anos pasados, o encargado de iluminar as rúas, espazos públicos e lugares do municipio será Iluminaciones Ximénez.

Traballo en equipo e diversidade cultural, claves no intercambio en Croacia no que participaron 8 mozos de Ponteareas

Grande experiencia a dos oito mozos do Servizo de Voluntariado do Concello de Ponteareas que estiveron na localidade croata de Malino participando no proxecto de intercambio xuvenil ‘Actúa localmente, pensa globalmente’ con rapaces de de 18 a 29 anos procedentes de organizacións locais de Turquía, Romanía, Grecia, Croacia e a República de Macedonia.