Domingo, 21 Setembro de 2025

Comarcas

A Deputación recuperará unha praza histórica en Baiona

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, asinaron un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030).

Obradoiro de percusión africana en Nigrán para despedir o ano

O vindeiro sábado, 30 de decembro, realizarase en Nigrán un obradoiro de percusión africana impartido por Andrés Rivero e organizado pola Escola de Música Municipal, en colaboración co Concello.

Tomiño dá o pistoletazo de saída á rehabilitación enerxética da Casa da Cultura

O Concello dá o pistoletazo de saída a ‘Integra Tomiño’, un proxecto transformador para o municipio que contempla a rehabilitación enerxética da Casa da Cultura e a implementación de melloras no espazo público de toda a contorna.

O Porriño abre hoxe o seu Mercadillo de Nadal

Logo do acendido das luces e instalación de decorado de Nadal, o inicio da música das rondallas e outras actividades propias destas datas, quedaba por inaugurar o mercadillo de Nadal no Porriño.

Redondela deseña un proxecto para dotar a praia de Cesantes de iluminación autosuficiente

O Concello de Redondela, en colaboración coa startup galega Himikode, da o primeiro paso para o deseño dun proxecto singular co obxectivo de impulsar a sustentabilidade e mellorar a calidade de vida de todos os residentes e visitantes do municipio.

O CEIP de Barrantes organiza unha carreira solidaria pola investigación da leucemia infantil

O CEIP de Barrantes achega o seu lado máis solidario para recadar fondos para a investigación da leucemia infantil. O centro educativo organiza o vindeiro xoves 21 de decembro unha carreira solidaria.

Concerto de Nadal a cargo do Balneario de Mondariz e a Fundación Rogelio Groba

O Balneario de Mondariz e a Fundación Rogelio Groba únense nunha iniciativa cultural moi especial, a creación dun concerto de Nadal que se estreará o 23 de decembro de 2023 e desenvolverase todos os anos no Teatro Infanta Isabel da vila termal.

Salvaterra contará cunha depuradora coa axuda da Xunta

O Consello da Xunta autorizou a sinatura do convenio de colaboración co Concello de Salvaterra de Miño para mellorar o sistema de saneamento municipal coa execución dunha depuradora e a conclusión da rede de colectores na bacía do río Mendo, que suporán un investimento de 2 M€.

A Deputación transformará o núcleo máis poboado de Tomiño

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este venres o Concello de Tomiño para asinar coa rexedora Sandra González un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030.

Salvaterra e Monçao prepáranse para a San Silvestre solidaria 2023

O vindeiro 23 de decembro volta a San Silvestre Solidaria Eurocidade Monção Salvaterra de Miño, onde os habitantes da Eurocidade, así como as persoas que desexen participar, terán o seu percorrido internacional ao longo de algo máis de 5 km.

O Concello da Guarda asinou o convenio do Plan de Sostibilidade Turística en Destino

Nesta semana, o Concello da Guarda avanzou na tramitación do Plan de Sostibilidade Turística en Destino coa sinatura dun convenio que regula esta subvención.

Arranca en Mos a tempada de rondallas co primeiro certame rondalleiro en Puxeiros

Este domingo, 17 de decembro, celebrarase o Certame de Rondallas do Concello de Mos desde as 16:30 horas, na Avenida de Puxeiros, Tameiga.