Martes, 10 Xuño de 2025

Comarcas

O Baixo Miño alza a súa voz por unha sanidade de calidade

Antonte, na Guarda, O Baixo Miño alzou a súa voz por unha sanidade de calidade, xa fartos da precariedade da atención primaria na comarca.

Un ano máis Mos Axuda no Nadal para que ningunha familia nin cativo mosenses perdan a ilusión navideña

Onte pola mañá tivo lugar na Axencia de Colocación ás 09.30 horas o acto de entrega por parte do empresariado mosense e demais entidades colaboradoras da súa colaboración na campaña solidaria municipal Mos Axuda no Nadal.

As corais tudenses San Telmo, Ponte das Febres e do Centro Sociocomunitario ofrecen hoxe o concerto de Nadal

As tres corais tudenses ofrecerán hoxe xoves,23 de decembro, ás 21.30 h o Concerto de Nadal no Teatro Municipal de Tui.

Ponteareas convoca por primeira vez subvencións para as entidades que realizan eventos deportivos na localidade

Ponteareas acolleu durante os últimos anos varios eventos deportivos de envergadura, que a colocan como unha das capitais do deporte galego.

Redondela vén de repoñer a sinalización dos xacementos prehistóricos de Monte Penide

A Concellería de Patrimonio do Concello de Redondela, que xestiona María Castro, deu por rematados os traballos de reposición da cartelería e sinalización dun dos seus grandes bens patrimoniais e culturais: os xacementos prehistóricos de Monte Penide/Mirallo.

Baiona suspende a programación do Nadal no Auditorio Municipal e no Multiusos Mercado de Sabarís

O Concello de Baiona decidiu suspender os actos organizados no Auditorio Municipal V Centenario e o Multiusos Mercado de Sabarís. Esta decisión tomouse ao supoñer estas aglomeracións de persoas en sitios pechados unha posible ameaza para a saúde pública.

A Deputación concede subvencións para retirar simboloxía franquista

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Patrimonio e do departamento de Memoria Histórica, axudará a seis concellos da provincia (Baiona, A Guarda, As Neves, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e Salceda de Caselas) a retirar simboloxía franquista de diferentes construción no seu espazo público.

Máis de 400 maiores de Tomiño recibirán unha postal de Nadal personalizada chea de bos desexos

Máis de 400 persoas maiores de Tomiño recibirán por correo unha postal personalizada de Nadal e Aninovo, remitida por un dos alumnos ou alumnas dos coles de Primaria e do Instituto de Secundaria da vila.

O Concello felicita á veciñanza que encheu espazos do Rosal de decoración de Nadal

O Concello do Rosal quere felicitar a todos os veciños e veciñas que están a traballar para decorar distintos espazos do municipio polo Nadal.

Os alumnos de carpintería do IES Salvaterra de Miño decoran a rúa Miño

Hoxe pola mañá procedeuse á colocación da decoración de Nadal elaborada polo alumnado de Carpintería do IES Salvaterra de Miño.

A Deputación remata a posta a punto dos semáforos das estradas provinciais ao seu paso por Mos

A Deputación de Pontevedra ven de rematar as obras de posta a punto dos semáforos instalados nas estradas provinciais ao seu paso por Mos.

Arbo realiza un novo reparto de alimentos a máis de 35 familias

O concello de Arbo, en virtude da precaria situación que viven moitas familias derivada da crise sanitaria, distribuíu, a semana pasada, alimentos entre as familias máis necesitadas do municipio de maneira extraordinaria co motivo do Nadal.