Domingo, 16 Novembro de 2025

Comarcas

A Guarda organiza “Encontros en familia”

O martes día 13 de xuño de 2023 a Casa dos Alonsos da Guarda acollerá a primeira sesión de Encontros en familia. Unha nova proposta do Servizo de educación e apoio familiar.

O catedrático Jorge Sobral Fernández, pregoeiro do Corpus 2023 en Ponteareas

Ponteareas xa ten pregoeiro para o seu Corpus Christi 2023. Será Jorge Sobral Fernández, catedrático en Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e un dos maiores expertos en psicoloxía criminal, autor de varios libros e numerosos artigos en publicacións científicas especializadas.

Covelo mellorará a pista polideportiva e creará unha área de lecer en Paraños

O Concello de Covelo saca a licitación a execución da mellora da pista polideportiva e a creación dunha área de lecer na contorna da Casa Cultural da parroquia de Paraños.

Oia organiza un campamento de verán en xullo

O CEIP Mestre Manuel García de Oia acollerá, do 1 ao 31 de xullo, un campamento de verán dirixido a nenos e nenas de 3 a 11 anos. Baixo o título “A arte cos 5 sentidos” esta proposta de conciliación desenvolverá actividades arredor da cerámica, pintura, escultura e obradoiros textís.

O Concello de Ponteareas inscribe no rexistro a propiedade da finca da caldeira de biomasa

O Concello de Ponteareas confirma que está a dar os pasos oportunos para a normalización da propiedade da finca da caldeira de biomasa coa súa inscrición no rexistro.

O programa “Violencia Zero” chega a Baiona

A performance que onte protagonizaron en Baiona as artistas Nerea Brey e Miriam Rodríguez, no marco do programa da Deputación “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, quixo poñer o foco no feito de que esta situación “supón unha forma máis de machismo da que non sempre somos conscientes”.

A Asociación de Empresarios de Redondela fala sobre o futuro do sector turístico na illa de San Simón

A Asociación de Empresarios de Redondela volve organizar unha xornada para dar a coñecer os atractivos turísticos de Redondela, de novo acompañados por Soledad Chayán, guía oficial de turismo e xestora da marca Mellor con Guía.

Mos abre o prazo de solicitude para realizar fogueiras de San Xoán

O Concello de Mos informa de que quen teña intención de realizar unha fogueira a noite de San Xoán e/ou San Pedro deberá solicitar autorización por Declaración Responsable no Rexistro Xeral do Concello, ou ben pola Sede Electrónica.

Redondela comeza cos desbroces nos camiños e cunetas

O Concello de Redondela contratou a 8 operarios, a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, para integrar as brigadas de roza que comezaron xa os traballos en diferentes puntos do municipio en abril.

O CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera reivindica o galego coa estrea de curtas no I Festival de Cine

Alfombra vermella e photocall en Guláns para celebrar a primeira edición do Festival de Cine do CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera, unha festa do audiovisual no que o público puido gozar da estrea de oito curtametraxes realizadas polo propio alumnado do centro coa axuda do seu profesorado e mesmo das familias, que tamén se quixeron sumar á iniciativa e elaboraron unha das pezas.

Comeza a III edición do programa ‘Vincúlate’ de Baiona

O Concello de Baiona puxo en marcha na primavera do 2021 o programa ‘Vincúlate’, un proxecto pioneiro de intervención con animais para menores de entre 9 e 18 anos que comeza agora o seu terceiro ano de actividade.

Tourón aspira a obter unha maioría suficiente para gobernar Salceda con independencia

A alcaldesa de Salceda de Caselas e candidata á reelección, Verónica Tourón afirma que “estamos nunha nova etapa na política salcedense, e que o PSdeG pode obter unha maioría suficiente para gobernar con independencia”. O partido socialista está centrado en realizar a mellor campaña posible, sempre en positivo, amosando á veciñanza todo o traballo realizado polo noso grupo durante a pasada lexislatura e dende a alcaldía.