Venres, 14 Novembro de 2025

Comarcas

O 25 Concurso de Patrullas da Brilat entre Tui e Santiago parte hoxe da Corredoira

Un total de 216 militares participarán na vixésimo quinta edición do Concurso de Patrullas da Brilat que partirá hoxe mércores ás 8.45 h dende o Paseo da Corredoira, en Tui. Nela, os e as militares de cada patrulla poñerán a proba a súa capacidade de sacrificio, a súa habilidade e a súa resiliencia.

Chegan dous días cargados de música a Ponteareas co Rock in Río Tea

Conta atrás para a celebración dunha nova edición do Rock in Río Tea, que este 30 de xuño e 1 de xullo regresa á Feira Vella con música a esgalla e unha morea de propostas de balde coas que conquistar ao público.

Pepe Domingo Castaño e o seu equipo da COPE visitan Baiona

O acalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, recibiu a Pepe Domingo Castaño e o seu equipo da COPE que se atopaban de visita en Baiona.

Teatro na biblioteca de Salvaterra

O vindeiro día, 4 de xullo, a biblioteca de Salvaterra de Miño contará cun espectáculo teatral.

Mos inmerso na mellora da eficiencia enerxética no alumeado público

Onte comezou a acometida dos traballos de cambio a lámpadas led en 175 luminarias de alumeado público do municipio que se está a realizar tras a sinatura do Convenio do Concello de Mos coa Deputación de Pontevedra a tal fin.

Abertas as inscricións para o VIII campamento de verán do BM Cañiza

O Club Balonmán Cañiza lanza o seu xa tradicional campamento de verán destinado a nenos desde os catro anos de idade. Desde o 31 de xullo ata o 11 de agosto o club organiza a oitava edición deste campus multideportivo.

Chega ‘Da túa man’, unha campaña formativa destinada ao comercio local de Tomiño

O Concello de Tomiño participa no proxecto ‘Da túa man’, unha iniciativa a través da que se poñen en marcha diversas medidas de apoio ao comercio local, entre eles tres accións formativas de balde destinadas a comerciantes do municipio.

O pleno do Concello de Baiona aproba as propostas de organización municipal para os vindeiros catro anos

A nova Corporación Municipal de Baiona celebrou hoxe o primeiro pleno da lexislatura, no que se estableceu a organización e funcionamento do Concello para o próximos catro anos, e no que tamén se procedeu ao sorteo para a elección dos integrantes das mesas electorais para o próximo 23 de xullo.

A exposición de temática mariñeira “Os nosos mares” inaugúrase na Guarda

Este sábado día 1 de xullo, ás 12:00 horas na Casa dos Alonso, inaugúrase unha nova exposición que ten como protagonista a temática mariñeira, especialmente centrada nos faros, acantilados e portos.

O Nigranjazz pisa forte este ano coa presenza de Steve Cardenas

O Concello de Nigrán ofrecerá o 28 e 29 de xullo a edición máis xuvenil da historia do Nigranjazz descontando ao célebre guitarrista estadounidense Steve Cardenas, profesor da mítica New School de New York e quen ofrecerá tamén unha master-class.

Comeza o campus multideporte do Concello de Covelo

Máis de vinte nenos comezaron esta semana o Campus Multideporte do Concello de Covelo. O alcalde da vila, Pablo Castillo, e a concelleira de Emprego e Formación, Lourdes Enes, saudaron onte aos nenos que, ao longo desta semana, participarán nunha nova edición do Campus Multideporte.

Gran éxito da VII edición do Raid do Condado-Marqués de Vizhoja

A pasada fin de semana tivo lugar o VII Raid do Condado-Marqués de Vizhoja, sendo unha nova proba da liga Española de Raids de Orientación e Aventura que supón a terceira cita puntuable para a clasificación 2023.