A nova Corporación Municipal de Baiona celebrou hoxe o primeiro pleno da lexislatura, no que se estableceu a organización e funcionamento do Concello para o próximos catro anos, e no que tamén se procedeu ao sorteo para a elección dos integrantes das mesas electorais para o próximo 23 de xullo.
Deste xeito, a Corporación acordou que as sesións plenarias celébrense o primeiro xoves de cada mes ás 12:00 h, exceptuando os meses de agosto e xaneiro. Así mesmo, o cambio da data de celebración do pleno ordinario, sempre en caso debidamente xustificado e por acordo unánime dos concelleiros, poderá modificarse a data e/o hora do pleno respectando en todo caso a periodicidade mensual.
Tamén se aprobaron as retribucións e indemnizacións a percibir polos membros da Corporación.
Así, o alcalde terá recoñecido o réxime legal de dedicación exclusiva, percibindo unha retribución inferior ao tope máximo que se establece nas leis de Orzamentos anuais do Estado para unha localidade co volume de poboación de Baiona.
Así mesmo, deuse conta do nomeamento dos tenentes de alcalde e das delegacións que ostenta xa cada concelleiro e cada concelleira do equipo de goberno, estas últimas cuestións avanzadas o pasado martes polo alcalde, Jesús Vázquez Almuiña.
Os concelleiros do equipo de goberno percibirán as seguintes retribucións:
DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS (4) XORNADA 100 % (14 pagas):
- ALCALDE
- Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Patrimonio
- Concelleira de Deportes, Política Social e Asociacionismo
- Concelleiro de Vías e Obras
DEDICACIÓNS PARCIAIS (4) ( 14 pagas) 60 % – 55% de dedicación (21-22 horas/sem):
- Concelleira de Medio Ambiente, Mocidade, Xardíns e Festexos
- Concelleira de Turismo e Igualdade
- Concelleira de Educación
- Concelleiro de Mercados, Comercio e Medio Rural
SEN DEDICACIÓN:
- Concelleiro de Pesca, Marisqueo e Actividades Marítimas
- Concelleiro de Tecnoloxías, Comunicación e Enerxía
- Concelleiro de Cultura e Accesibilidade
O resto de concelleiros percibirán pola asistencia a plenos, polas comisións informativas e pola Xunta de Goberno Local nas mesmas cantidades que no anterior mandato.
Ademais, aprobouse a creación e composición das comisións informativas permanentes: a Comisión informativa de Asuntos de Pleno, a Comisión Especial de Contas, a Comisión de Honras e Distincións. Formarán parte das mesmas os membros da corporación proporcionalmente ao número de concelleiros e concelleiras que cada grupo político dá Corporación municipal: Seis concelleiros do PP, dous concelleiros do PsdG-PSOE e un concelleiro do Grupo Mixto.
Tamén se deu conta das delegacións e integrantes da Xunta de Goberno Local e da Comisión de Seguimento do Plan Especial do Conxunto Histórico Artístico do Concello de Baiona.
Repartición de Concellerías
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, da a coñecer a nova estrutura do Equipo de Goberno e a repartición de áreas entre os seus 11 concelleiros.
- Policarpo Vilar Misa: Concellería de Cultura e Accesibilidade. Primeiro Tenente de Alcalde.
José Ángel Bahamonde Rodríguez: Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Patrimonio. Segundo Tenente de Alcalde. - Ruth Álvarez González: Concellería de Medio Ambiente, Xardíns, Festexos e Mocidade.
- Ana María Iglesias Rodríguez: Concellería de Deportes, Política Social e Asociacionismo.
- Gonzalo Pérez Barreiro: Concellería de Vías e Obras.
- Sheila María González Martíns: Turismo e Igualdade.
- Nuria Lenda Gómez: Concellería de Educación.
- José Manuel Rodríguez Fernández: Concellería de Mercados, Comercio e Medio Rural.
- Joaquín López Goce: Concellería de Pesca, Marisqueo e Actividades Marítimas.
- David González Misa: Concellería de Tecnoloxías, Comunicación e Enerxía.
- Competencias que levará directamente o alcalde, #Jesús Vázquez Almuíña: Economía Azul, Traballo, Persoal, Seguridade Cidadá, Pobos Irmáns e calquera outra que non figure expresamente.