Xoves, 13 Novembro de 2025

Comarcas

Nigrán fai unha achega de 10.000 euros ao proxecto ‘Nadafa’

O Concello de Nigrán mantén a súa aposta pola cooperación internacional achegando este ano 10.000 € ao proxecto ‘Nadafa’ de recollida de residuos e sensibilización ambiental nos campamentos de refuxiados saharauis en Arxelia, concretamente na wilaya de Bojador con 16.500 habitantes.

Liga Galega de traíñas en Cesantes

Segunda fin de semana na que a Liga Galega de Traíñas competirán no concello de Redondela, na praia de Cesantes.

Baiona abre o prazo de inscrición para participar nas Festas da Anunciada 2023

Existe unha festa referente do verán de Baiona e esa cita ineludible é a celebración da festa en honra á Virxe da Anunciada, que se celebrarán o 4, 5, 6 e 7 de agosto.

O Concello esixe a reapertura inmediata do consultorio médico de Goián

O Concello de Tomiño esixe a reapertura inmediata do consultorio médico de Goián, pechado dende o inicio da pandemia.

O Concello de Mos coordina un evento de dinamización do comercio local

Comezaron os preparativos dunha nova iniciativa do Concello de Mos para visibilizar o pequeno comercio mosense. Unha exposición para mercar e coñecer aos comerciantes locais, que poderán expor os seus produtos, promocións, oportunidades e novidades.

A reapertura da rúa Vidales Tomé mellorará a mobilidade en Ponteareas

O Concello de Ponteareas reabriu ao tráfico a rúa Vidales Tomé, pola que dende a tarde de onte xoves pasou a circularse en sentido único cara á rúa Morales Hidalgo, permitindo un fluxo conxunto e seguro para peóns e vehículos.

Baiona celebra unha xunta local de seguridade con motivo da organización da tempada estival

O Concello de Baiona acolleu a xunta local de seguridade co motivo da organización da tempada estival 2023.

O obradoiro creativo A Naturoteca visita Covelo este sábado

Dentro da programación “Verán Cultural” do Concello de Covelo a praza Mestre Cerviño acollerá este sábado día 15 o obradoiro creativo A Naturoteca

Hoxe remata a primeira quenda do campamento de verán Igual É +

A primeira quenda do campamento de verán Igual É +, 2023 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade, remata hoxe venres día 14.

Chega a XLII Festa do Churrasco

Nove locais de hostalaría servirán churrasco de Covelo a prezo reducido o vindeiro día 25 de xullo, día de Santiago, patrón do Concello de Covelo. O Concello pechou hoxe o prazo de inscrición para os locais de hostalería colaboradores coa XLII edición da afamada festa do churrasco.

Baiona celebra a festividade de Santa Liberata

O día grande das celebracións é o próximo xoves, 20 de xullo, día en que se honra a Santa Liberata.

O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández volve ás rúas de Tomiño e Cerveira

O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández volve ás rúas de Cerveira e Tomiño. Organizado pola Eurocidade coa colaboración da Fundação Bienal de Arte de Cerveira, o vindeiro 20 de agosto celébrase a décimo primeira edición deste certame que busca achegar ás e aos amantes da pintura á contorna para que recollan in situ calquera paixase do percorrido establecido no mapa.