Xoves, 13 Novembro de 2025

Comarcas

O Concello de Ponteareas impulsa a recuperación da contorna do Castelo de Sobroso

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, visitou estes días a contorna do Castelo de Sobroso, ordenou a inmediata limpeza de toda a zona e tratará de acelerar a recuperación da entrada principal da fortaleza, un espazo derrubado hai máis dun ano por un vehículo.

O Concello de Nigrán ofrece o sábado un concerto da Escola de Rock de Paredes de Coura

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 22 de xullo ás 16:00 horas nas pistas do espazo deportivo municipal de Gaifar (Panxón) o concerto fin de xira de 'Coisa Mansa', banda residente da Escola de Rock de Paredes de Coura (Portugal), entidade coa que o Concello colabora cada verán desde 2021.

Nova subtracción de elementos públicos no concello de Covelo

O Concello de Covelo denuncia o roubo de nove “vallas” metálicas do peche perimetral da pista polideportiva e de lecer do parque de Pazos, na parroquia de Santa Marina, recentemente inaugurado.

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais en Santa Uxía de Mougás, en Oia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais na parroquia de Santa Uxía de Mougás, no concello de Oia.

O Camiño da Coutada en Louredo xa conta con rede de saneamento

O Concello de Mos xa ten prácticamente rematada a acometida das obras de “Saneamento no Camiño da Coutada-parroquia de Louredo”. Estas obras foron necesarias para completar as redes de alcantarillado e darlle servizo á maxima extensión do Concello en xeral e da parroquia de Louredo en particular.

O punk filarmónico de Fanfarra Káustica toma as rúas de Tomiño

Tomiño prepárase para que a música tome as súas rúas esta fin de semana. Este sábado 22 o grupo luso Fanfarra Káustica será o protagonista dunha nova sesión do ciclo O Son das Prazas.

Celebración en Ponteareas do 150 aniversario da Banda de Guláns

A Banda de Música Unión de Guláns celebrará esta fin de semana os seus 150 anos de historia nota a nota. O auditorio municipal Reveriano Soutullo acolle este domingo 23 un acto conmemorativo no que o público poderá achegarse ás diferentes etapas polas que pasou a banda dende a súa fundación en 1870.

O Rilla na Rúa enche Nigrán de foodtrucks e actividades

As foodtrucks do Rilla na Rúa volven aparcar un ano máis en Nigrán con propostas grastronómicas variadas e un programa cargado de actividades para toda a familia. Do 21 ao 25 de xullo, no Paseo da Ramallosa, o público poderá gozar de concertos, mercado de artesanía, actividades infantís ou Dj´s.

O mércores 26 abre o prazo de inscrición para participar na Festa Gastronómica o 19 de agosto

O Concello de Tui abrira o próximo mércores 26 de xullo o prazo de inscrición para participar na Festa Gastronómica que se vai celebrar o sábado, 19 de agosto, dentro da programación da XI Festa do Miño.

60 persoas participan nas clases de Aquagym do programa Municipal ‘Exercítate no verán’

A concelleira de Deportes do Concello de Mos, Feli Rodríguez, informou de que hai un total de 60 inscritos nas clases de Aquagym organizadas desde o programa municipal ‘Exercítate no verán’ que desde hoxe se leva a cabo na piscina ao aire libre de San Eleuterio.

O Concello do Rosal sinaliza a Mina de Ouro de Val das Bornas, unha xanela ao pasado mineiro da vila

O Concello do Rosal levou a cabo a sinalización para interpretación da mina de Ouro de Val das Bornas, en San Miguel de Tabagón, unha iniciativa que busca poñer en valor o patrimonio histórico e cultural do municipio.

Este domingo visita guiada ao serradoiro dos Carranos en Covelo

A Concellería de Turismo do Concello de Covelo convida a participar nunha nova xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos. Será este domingo día 23 de xullo e as persoas interesadas poderán inscribirse nun dos catro pases que se realizarán.