Xoves, 13 Novembro de 2025

Comarcas

Verán cheo de actividades en Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño presenta o Verán Cultural 2023, unha programación dirixida a todo o público sen esquecerse dos máis pequenos da casa, que este ano teñen un apartado especial.

A Cañiza mellorará o campo de Fútbol das Augas Ferreas

O pleno da corporación provincial da Deputación, celebrado o pasado 23 de xuño, acordou conceder ao Concello unha axuda de 479.948,21 € para subvencionar a actuación de “acondicionamento e mellora da eficiencia enerxética do Campo de Fútbol das Augas Férreas”, proxecto redactado pola enxeñería Calderón&Asociados Ingeniería Medioambiental.

Aberto o prazo de inscición na carreira pola praia “XII Nigrán Area”

Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor celebran o domingo 13 de agosto a 12 edición da 'Nigrán Area', carreira popular de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca.

Cortes de tráfico no centro do Porriño pola celebración de Porrigalia

A Policía Local do Porriño informou hoxe dos cortes e restricións de tráfico que se aplicarán os 22, 23, 24 e 25 de xuño no centro urbano pola celebración de Porrigalia.

A Casa dos Alonso acolle a exposición “Catro médicos pintores en A Guarda”

O pasado día 18 de xullo inaugurouse na Casa dos Alonso a Exposición de Pintura “Catro médicos pintores en A Guarda”, unha exposición que recolle diferentes obras pictóricas de catro compañeiros de profesión que comparten tamén a súa paixón pola arte.

Covelo prepárase para os festexos do 25 de xullo

O Concello de Covelo celebrará o vindeiro martes día 25 as súas festas patronais e do churrasco con concertos, verbena, tirada de foguetes e postos de artesanía.

26 bandas de 18 países participarán no Festival Sinsal esta fin de semana

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia sorprenderá esta fin de semana o público que acuda un ano máis á Illa de San Simón para gozar cun cartel musical secreto e que estará conformado por 26 bandas procedentes de 18 países.

O Rosal continúa coas visitas guiadas de balde aos muíños

O Rosal continúa achegando a súa contorna natural, o seu patrimonio cultural e etnográfico e a súa historia a veciñanza e visitantes. O Concello ten en marcha visitas guiadas aos muíños do Folón e do Picón, rutas de balde e abertas a todos os públicos que se celebrarán todos os xoves dos meses de xullo e agosto.

Primeira reunión da alcaldesa coa nova concelleira de Economía e Industria en AEMOS

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense Feli Rodríguez Carrera, reuníronse esta semana con membros da directiva de Aemos na súa sede en Puxeiros. Entre eles o seu presidente, Manuel Castro, e o seu xerente, Francisco Domínguez.

A Cañiza inaugura a mostra fotográfica “Suído, momentos y lugares”

O Concello da Cañiza inaugura a exposición fotográfica "Suído, momentos y lugares", de Antonio Jiménez (Tonio), que se expón na Casa do Concello ata o vindeiro 28 de xullo.

O alcalde de Baiona reúnese cos responsables da empresa Lugove

No día de onte, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e o xefe da Policía Local reuníronse cos responsables da empresa LUGOVE, concesionaria do transporte regular de pasaxeiros ente Baiona e Vigo, Jose Luís Romillo, Director Xeral do grupo Vectalia e Alberto Dourado, Xefe de operacións de Lugove.

A Coral Polifónica e a BAM poñen a nota musical en Tomiño

A Coral Polifónica de Tomiño prepárase para sorprender esta fin de semana ao público cun novo concerto ao abeiro do programa O Son das Prazas, un ciclo musical co que se busca sacar a música dos espazos pechados para achegala á veciñanza nas rúas.