Xoves, 13 Novembro de 2025

Comarcas

Chega o décimo segundo concurso gastronómico Festas Patronais de Covelo

O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar no XII concurso gastronómico Festas Patronais de Covelo que terá lugar o domingo día 6 ás 20 horas na praza Mestre Cerviño.

O luns continúa no mercado de Sabarís o ciclo de conferencias “O Falar das Pedras”

Continúa o IV Ciclo de Conferencias "O Falar das Pedras” que se impartirán todos os luns lectivos de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 horas.

Máis de 500 persoas participan esta semana no programa “En Ruta coa Depo”

A Deputación de Pontevedra organiza esta semana 10 saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial.

A ludoteca de Ponteareas pecha con éxito as actividades de xullo

A ludoteca de Ponteareas pechou con éxito as súas actividades do mes de xullo. Uns corenta rapaces, de entre 6 e 12 anos, divididos por idades, gozaron dunhas actividades lúdicas e educativas moi variadas.

A Xunta facilita os desprazamentos en autobús desde Redondela ata a praia de Cesantes

A Xunta facilitará durante todo o mes de agosto 40 frecuencias de autobús para o desprazamento durante a semana entre Redondela e a praia de Cesantes.

Exposición do pintor guardés “Cachi” na Casa dos Alonsos

A Casa dos Alonso acolle do 4 ao 16 de agosto a Exposición “Inmersiva” do pintor guardés “Cachi”.

Agrupación Musical da Limia actuará en Artealdea

Grazas á exitosa iniciativa de Luis Alberto García Tejedor (Gigi) e Cristina Maniglia Perasso (Francis) o Festival Cultural de Artes Escénicas e Tradición Popular Artealdea vive hoxe a súa quinta xornada.

Volve a Tomiño o Cine na Rúa para o público familiar

O Cine na Rúa volve a Tomiño este mes de agosto con tres propostas para o público familiar. As proxeccións comezarán este mesmo venres, 4 de agosto, con ‘Canta 2’, unha divertida historia do mundo do rock.

Abertas as inscricións na I Carreira de Empresas de Galicia

O 8 de outubro as empresas galegas teñen unha cita deportiva no Porriño, celébrase a primeira edición da Carreira de Empresas de Galicia, un formato novo nas carreiras populares de running que fomenta a práctica deportiva nas empresas apostando polo benestar a nivel persoal e laboral.

O Concello de Nigrán organiza un simulacro en materia de prevención de incendios

O Concello de Nigrán mantén durante este verán á disposición do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e de Protección Civil a súa brigada municipal de prevención de incendios, a única propia de toda a comarca.

Nigrán comeza a programación de agosto co ‘Parrulas Fest’

O Concello de Nigrán ofrece no esteiro de A Foz da Ramallosa desde o mércores 2 ao sábado 5 de agosto a cuarta edición do Parrulas Fest, festival gratuíto producido desde a cooperativa Charlatana e dirixido a público infantil e familiar.

Tui recuperará a senda do río Caselas pondo en valor este espazo natural e patrimonial

O Concello de Tui fai unha aposta decidida pola recuperación das contornas naturais e patrimoniais do municipio. Nesta liña de traballo vai realizar a recuperación ambiental do río Caselas cunha senda fluvial e a restauración de dous muíños.