Mércores, 12 Novembro de 2025

Comarcas

Últimas prazas nos roteiros por Nigrán

O Concello de Nigrán todavía ten prazas para os roteiros gratuítos deste mércores 23 de agosto ‘Praia América – A Niza galega’ (18:30 horas) e do vindeiro mércores día 30 de agosto ‘Tesouros de Monteferro’ (18:30 horas).

Posta a punto das Escolas Infantís mosenses de cara ao inicio do curso

O tentente de alcaldesa de Mos, Camilo Grandal, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, visitaron as Escolas Infantís A Galiña Azul de Mos, Veigadaña, Cototorrón e Porteliña, para supervisar os traballos de posta a punto de cara ao inicio do curso o mes que vén.

A Orquestra Sinfónica de Galicia acturá este venres no Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera

O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera ofrece o seu sexto concerto este venres día 25. Aínda que, de xeito excepcional, mudan de sábado para venres o horario será o mesmo, ás 20 horas na igrexa de San Martiño de Barcia de Mera.

Máis de 30.000 persoas participaron este ano no Entroido de Verán de Redondela

A XXIV edición do Entroido de Verán de Redondela resultou un éxito de participación. O Concello estima en máis de 30.000 os asistentes a este evento.

As parroquias de Salvaterra contarán con luminarias LED

O Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico vén de comunicar a concesión da axuda de máis de 2 millóns de euros para o cambio a led en todo o municipio de Salvaterra de Miño

O exterior da Catedral centra a nova visita guiada ao patrimonio tudense

Mañá martes continua o programa de visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” que están a percorrer diversos elementos patrimoniais da nosa cidade organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses en colaboración co Concello de Tui.

Tómbola Solidaria da Asociación Española Contra o Cancro de Mos

A AECC (Asociación Española Contra o Cancro) de Mos, organiza a súa tradicional Tómbola Solidaria, que se celebrará nos exteriores do Pazo de Mos, o vindeiro 16 de setembro ao longo de todo o día.

O ‘Solpor Monteferro’ despídese o venres e o sábado

A música está de volta no mellor escenario do mundo, o miradoiro de Monteferro, coa sexta edición do Festival Solpor Monteferro, os días 25 e 26 de xullo.

Campionato Galego de Pumptrack en Mondariz

Este sábado dispútase en Mondariz, o primeiro Campionato Galego de Pumptrack, da man de Sportskids e Pontebike Team, coa colaboración do Concello de Mondariz e todo iso organizado pola Federación Galega de Ciclismo.

Punsetes volven por sorpresa ao Season Fest para celebrar o 5º aniversario

A organización do Season Fest vén de anunciar unha nova incorporación ao seu cartel, a banda madrileña de indie pop Los Punsetes. Esta é tan só unha das sorpresas que aínda quedan por desvelar e que irán completando a programación do festival que pechará o verán galego en Gondomar do 21 ao 24 de setembro.

Andaina infantil en Arbo

O Concello de Arbo organiza o sábado, 26 de agosto, unha andaina infantil para cativos de todas as idades.

O Concello de Salvaterra e a ANPA Chan da Ponte organizan un obradoiro de intelixencia emocional

O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa ANPA Chan da Ponte do IES Salvaterra de Miño, lanzan un obradoiro dirixido a mozos de idades comprendidas entre os 15 e 21 anos baixo o título “Toma de decisións e intelixencia emocional”.