Luns, 14 Xullo de 2025

Comarcas

Arranca na Guarda a primeira etapa de ‘Xacobeo Autismo. Un camiño de todos’

O alcalde de Nigrán, Juan González, e dúas das súas concelleiras participaron hoxe na primeira etapa do proxecto 'Xacobeo Autismo. Un Camiño para todos', no que 20 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada do Centro Castro Navás (en Priegue) xunto a persoal especializado percorrerán a ruta oficial pola costa dende A Guarda ata Nigrán.

A alcalesa do Rosal reúnese co subtenente da Garda Civil da Guarda para tratar temas relativos a seguridade e tráfico

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o concelleiro de Tráfico e Seguridade, Germán Fernández, mantiveron unha reunión co subtenente da Garda Civil do posto da Guarda, Eligio Rivas, para tratar temas relativos tanto a seguridade cidadá coma a tráfico.

‘Emprega Tui’ pon en contacto a demandantes de emprego e empresas

Máis dun centenar de persoas en situación de desemprego coñeceron hoxe de primeira man cales son as cuestión que as empresas teñen en conta nas súas ofertas de emprego e cales son os perfís máis demandados. Foi no transcurso do foro de emprego Emprega Tui que se desenvolveu na aula da UNED organizado polo Concello de Tui a través do Programa Integrado de Emprego, PIE.

Ponteareas abre o prazo para inscribirse nas DEPOrteEscolas

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, vén de poñer en coñecemendo das familias que xa se poden inscribir aos seus fillos e fillas no programa deportivo 'DepoEscolas' que ofrece a Deputación de Pontevedra, unha iniciativa dirixida a nenas e nenos en idade escolar.

Monção e Salvaterra de Miño preparan a ‘II Semana da Eurocidade’

O Concello de Salvaterra de Miño e a Câmara Municipal de Monção traballan na preparación da que será a 'II Semana da Eurocidade' que este ano busca ser o recoñecemento mútuo dos recursos educativos. A segunda edición desta celebración transfronteiriza terá lugar na última semana deste mes de setembro.

Tomiño recoñece a contribución de José María Gude como mestre e na recuperación da cultura e tradicións

Afincado en Tebra,ex mestre de Tomiño no CEP Pedro Caselles, José Mª 'Pepe' Gude, foi homenaxeado polo Concello de Tomiño, nun acto cívico, celebrado odomingo na Praza do Seixo, non marco das festas patronais do Alivio 2019. Decenas de persoas congregáronse na Praza do Seixo para asistir ao Acto Cívico ideado, hai algo máis dunha década, polo goberno local para recoñecer os méritos de aqueles e aquelas "que contribuíron a facer de Tomiño un lugar mellor".

O Rosal comeza o programa #Reactívate que, como novidade, oferta clases de ioga

O Concello do Rosal vén de dar a coñecer as actividades que, neste ano, desenvolveránse ao abeiro do programa #Reactívate. Esta iniciativa inclúe clases de pilates, pintura, restauración, zumba, zumba gold, tenis, axilidade mental e, este ano como novidade, ioga.

Nigrán grita, co seu silencio, contra a violencia machista

As veces, un silencio di moito máis que mil gritos. Traballadores e traballadoras do Concello de Nigrán, Corporación Municipal e veciños e veciñas, concentráronse diante da Casa do Concello para, con esa presenza silenciosa, amosar a súa dor polo triple crime machista de Valga.

A Guarda acolle, este domingo, a «Festa da Recreación Histórica da Idade de Ferro na Galiza»

A Comunidade de Montes de Camposancos en colaboración co Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, o Concello da Guarda, a Entidade Local Menor de Camposancos e a Deputación de Pontevedra, organizan o domingo día 22 de setembro a «Festa da Recreación Histórica da Idade de Ferro na Galiza».

Oia avanza na actuación do camping ‘Pedra Rubia’ para usos deportivos e de lecer

O Concello de Oia avanza na actuación que suporá a compra dos terreos do antigo camping Pedra Rubia, situado na zona do Aguncheiro (Mougás), co obxectivo de recuperar este enclave con usos como zona de esparcemento, usos deportivos e de lecer.

A Guarda repara a esfera da emblemática ‘Torre do Reló’

O pasado venres, 13 de setembro, comezaron os traballos de mantemento e reparación do 'reló' que se atopa antiga torre de procedencia medieval da Praza do Reló, un dos elementos patrimoniais do casco urbano do municipio da Guarda. Formaba parte da antiga muralla medieval e protexía un dos accesos á vila no máis alto do recinto.

Fomento confirma a Digna Rivas que autorizará a instalación dun semáforo á altura do ‘CEIP Alexándre Bóveda’ de Chapela

subdelegada do Goberno, Maica Larriba e o xefe da demarcación de Estradas do Ministerio de Fomento, Ángel González del Río para transmitir a necesidade de acometer a instalación dun semáforo na N-552, de cara a mellorar a seguridade viaria á altura do CEIP Alexándre Bóveda en Angorén, na parroquia de Chapela.