Mércores, 17 Setembro de 2025

Comarcas

Clausura do curso de restauración de mobles e tapicería do «Depo en Marcha» en Ponteareas

A deputada de Cohesión Social, Olga García Ballesteros e o concelleiro de Mocidade do Concello de Ponteareas, Miguel Bouzó, entregaron os diplomas do curso de Restauración de Mobles e Tapicería ofertado pola Deputación de Pontevedra dentro do programa 'Depo en Marcha'.

O Pleno de Ponteareas rexeita o recurso contra a incompatibilidade de Mera cos votos de BNG, PSOE… e PP

O Pleno da Corporación Municipal de Ponteareas, celebrado o pasado martes, rexeitou o recurso presentado pola portavoz popular, Belén Villar, sobre a incompatiblidade de Roberto Mera para que puidera exercer o seu traballo de avogado. O recurso foi rexeitado cos votos do BNG, PSOE e, sorprendentemente, cos votos do PP, quen podendo retirar o mesmo preferíu mantelo e votar en contra.

Ponteareas mellora a seguridade viaria en Montes de Abaixo, Nogueira

A concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, que dirixe Chus Garrote, du conta dos traballos de pavimentación do vial que discorre entre Montes de Abaixo, en Nogueira, e a estrada provincial EP-4005, unha obra que se enmarca dentro do planeamento de mellora da rede de estradas e pistas municipais.

Nigrán celebra o seu primeiro encontro interxeracional na escola infantil Dunas

O Concello de Nigrán celebrou esta mañá na Escola Infantil Dunas (Panxón) o seu primeiro encontro interxeracional entre nenos e maiores, unha experiencia que será ofrecida aos demais centros do municipio ao resultar sempre moi enriquecedor para as diferentes xeracións implicadas.

Arbo organiza un Campamento de Nadal para conciliar a vida familiar e laboral

O Concello de Arbo desenvolvera neste mes de decembro, e os primeiros días de xaneiro do 2020, un campamento destinado aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e que se inclúe dentro das actividades do Nadal Cultural 2019-2020.

A Guarda aposta pola reforestación do Camiño de Santiago con especies autóctonas

O Concello da Guarda desenvolverá unhas xornadas medioambientais, ao abeiro do programa 'O Camiño Aguárdate' presentado hai uns días, nas que amais dunha andaina, inclúese unha actividade de reforestación en colaboración A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos.

O PP de Ponteareas reúne preto de 300 persoas no Xantar de Nadal

O PP de Ponteareas celebrou o seu tradicional Xantar do Nadal, nun restaurante da localidade nun acto no que participaron preto de 300 persoas. O presidente provincial, Alfonso Rueda; a deputada, Ana Pastor, e varios alcaldes e portavoces populares acompañaron á presidenta local, Belén villar, para felicitar as festas aos veciños da Vila do Corpus.

«Camiñada Solidaria» de Andatui en favor de SOS Tomiño Baixo Miño

O vindeiro domingo, 22 de decembro, o club Andatui organiza unha nova edición da 'Camiñada solidaria' a favor de SOS Tomiño Baixo Miño, unha iniciativa que, neste 2019, acada xa a súa oitava edición. A saída está prevista para as 10 horas dende o palco da música sito na Corredoira de Tui.

O «Maija» vencedor da Liga de Outono de J80

O Maija de José Luis Pérez, Roberto Simón, Miguel Larrán e Javier Pérez alzouse vencedor na tarde de onte, en Baiona, da última edición da liga de Outono AXA J80, celebrada desde o pasado mes de outubro na baía baionesa. A regularidade de resultados que o monotipo do Monte Real logrou nas doce regatas disputadas ao longo de catro xornadas permitíronlle manterse sempre nos postos de cabeza e levar o triunfo final.

«Un Nigrán de talentos» premia as aptitudes das persoas con discapacidade

O Concello de Nigrán, a través do grupo de traballo 'Un Nigrán para todos', ofrece este martes 3 a partir das 17:30 horas no Auditorio Municipal a 'I Gala Un Nigrán de Talentos' coa que conmemora o Día Internacional da Discapacidade. O obxectivo desta xornada é visibilizar, a través dunha ducia de persoas como protagonistas, as diferentes aptitudes nas que cada un destaca.

Tui súmase aos actos do Día Mundial da SIDA

A casa do Concello de Tui iluminouse de vermello nesta pasada noita con motivo do Día Mundial da SIDA que se celebra este domingo 1 de decembro. O lema deste ano é 'As comunidades marcan a diferenza' co que se quere recoñecer o papel fundamental que as comunidades teñen desempeñado e continúan a desempeñar na resposta ao SIDA a nivel local, nacional e internacional.

Máis de 200 elementos lumínicos alumearán o Nadal de Ponteareas

Este domingo día 1 de decembro, a partir das 17:30 horas, Ponteareas acenderá o alumeado de Nadal nun a acto festivo que arranca coa animación de rúa que ofrecerá o espectáculo 'A luz do camiño' ao pé da gran bola lumínica de 17 metros de diámetro. Antes, na carpa da Praza Maior, a partir das 16:30 horas, veciñanza e visitantes poderán facer as súas compras no mercadiño solidario e arredor das 18:30 horas será o momento de facer brillar o centro urbano.