Durante estas semanas estase a executar unha obra de cambio de firme de parte do camiño de Salgueiró, en Camposancos, cunha axuda acadada polo anterior goberno socialista, dentro do Plan Marco da Xunta de Galicia.
O Concello de Nigrán investíu este curso escolar un total de 12.789 € para melloras de todo tipo na escola infantil municipal ‘A Galiña Azul’, situada na rúa do Panasco e á que acuden 72 crianzas de 0 a 3 anos.
O Goberno de Irlanda vén de seleccionar ao Concello de Tomiño como caso de estudo polo seu modelo de mobilidade: quere coñecer os mecanismos de redución do tráfico que se aplicaron na vila do Baixo Miño e levar as recomendacións tomiñesas para, de ser posible, adaptalas e aplicalas no seu país, especialmente en zonas rurais como en zonas urbanas de pequenas dimensións.
Novo éxito xudicial da Comunidade de Montes de Atios. O xulgado de instrución nº 3 do Porriño vén de condenar ao Concello do Porriño “a abonar á Comunidade de Montes de Atios todas as cantidades percibidas ao abeiro dos contratos de arrendamento das parcelas litixiosas -as canteiras ubicadas no monte comunal de Atios- e relativas ás rendas devengadas dende o 28 de febreiro de 2018.
Club Atletismo Tui traballan xa na organización da segunda edición da San Silvestre Solidaria, que terá lugar o domingo 31 de decembro, a partir das 10.30 h, dende o Paseo da Corredoira de Tui.
O Concello do Rosal abre un curso máis o seu Espazo Crianza, un lugar de encontro co que acompañar a mulleres embarazadas e familias con bebés de 0 a 6 anos na crianza de nenos.
Ás 9.00 horas do xoves celebrouse a sesión plenaria de carácter ordinario na que, na súa parte resolutiva, se fixaron os festivos locais para 2024, establecendo como tales os días 20 de maio (Romaría das Pascuillas) e o 15 de outubro (Santa Teresa).
A Oficina Acelera Peme Rural AEMOS retoma o seu calendario de Xornadas especializadas, neste caso, con novas datas no calendario de outubro, con temáticas de actualidade: Sustentabilidade e PowerBI-Business Intelligence.
O Concello de Nigrán ofrece ata o 25 de outubro, no Auditorio Municipal, a exposición de pintura de Horacio de la Campa Falque 'Colección Vento', composta por unha selección de 12 obras en gran formato e 3 máis pequenas. A mostra está aberta de 10:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas.
O Motoclub Randufe, en colaboración co Concello de Tui, organizará hoxe sábado, 30 de setembro, nas instalacións Offroad de Rebordáns, o VII Supercross Cidade de Tui. Participarán máis de 70 pilotos de Galicia e Portugal, nas distintas categorías do evento.
A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia o mércores 4 de outubro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar este venres novos recursos para os concellos da provincia por importe de 210.000 euros e que beneficiarán en concreto aos municipios de Mondariz e As Neves.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.