Martes, 16 Setembro de 2025

Comarcas

Tarde de teatro, o domingo, en Covelo

O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a gozar do teatro no auditorio municipal este domingo, día 8 de outubro ás 19 horas, da man de Ártika Cía.

Nigrán creará unha praza pública entre a ponte románica na Ramallosa e a Avenida de Portugal

O Concello de Nigrán creará unha praza pública de 371 m2 para a convivencia e a relaxación no espazo actual entre o remate da Ponte Románica da Ramallosa e a Avenida de Portugal (PO- 340), aos pés do Río Miñor.

Cortes de tráfico o xoves en ramais do enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55

O avance nas obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 fará necesario o corte de tráfico en ramais do enlace con esta última estrada a partir deste xoves.

Skate e BMX no festival urbano Demostra, en Mos

Esta iniciativa reunirá a amantes de diferentes disciplinas da cultura urbana no Skatepark de San Rafael en Pereiras.

Tui reparará os danos do temporal do pasado inverno grazas á Deputación

O Concello de Tui vai recibir 139.488 € da Deputación de Pontevedra ao abeiro da liña de subvencións da entidade provincial para reparar os danos causados polas inundacións rexistradas entre o 24 de decembro de 2022 e o 1 de xaneiro de 2023.

Prado da Canda, en Covelo, volveu lucir coas súas tradicionais danzas brancas

A parroquia de Prado da Canda, en Covelo, celebrou as súas festas na honra da Virxe María do Rosario agasallando á veciñanza música, bailes tradicionais e distintos actos litúrxicos e lúdicos.

O Circuito de Teatro Amador chega a Baiona esta fin de semana

Baiona poderá gozar durante esta fin de semana de varias funcións teatrais da man do Circuito Gallego de Teatro Amador. Esta actividade está enmarcada dentro da programación de outono realizada pola Concellería de Cultura.

O outono chega con máis dunha ducia de actividades no Rosal

O outono chega ao Rosal cargado de lecer. O Concello puxo en marcha unha ampla axenda cultural para os meses de outubro e novembro, unha ampla programación nas que as actividades infantís e a música compartirán escenario coa igualdade, o patrimonio, o teatro ou as exposicións fotográficas.

Ponteareas sufrirá cortes de tráfico na contorna da depuradora

Mañá mércores día 4 comezan está previsto o inicio das obras de ampliación da depuradora, que comezarán cos traballos de tala de árbores polo que se prevén posibles cortes e restricións de tráfico puntuais en determinadas rúas.

Ponteareas valora positivamente o éxito das festas de setembro e anuncia continuidade

O sábado fin ao mes de festas en Ponteareas co concerto de Roi Casal como remate. Os eventos das festas de Setembro deron inicio o pasado día 1 do mes aínda que os actos máis multitudinarios e festivos comezaron o día 8 coa lectura do pregón por parte de Xosé Antonio Touriñán, Touri, e celebración da XV edición da Feira Tradicional dos Remedios.

Sela celebra a XLIX Festa da Colleita

Un ano máis a Asociación Virxe do Carme de Sela organiza a tradicional Festa da Colleita na Feira en Sela, no municipio de Arbo os días 11 e 12 de outubro.

Tomiño pechou as súas actividades de verán con máis de 520 horas de lecer

O Concello de Tomiño pechou a programación deportiva e infantil de verán con 520 horas ofertadas nun total de 12 actividades, nas que investiu case 39.000 euros.