Martes, 1 Xullo de 2025

Ponteareas

A Deputación Provincial respalda en Ponteareas as medidas de recuperación do espazo público para as persoas

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e técnicos de mobilidade da Deputación de Pontevedra visitaron Ponteareas e percorreron a vila acompañados pola alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e membros do Goberno municipal para coñecer as actuacións en materia de mobilidade realizadas nos últimos anos dirixidas a recuperar espazo público para as persoas e reducir o tráfico a motor.

Ponteareas abre o prazo para a renovación e solicitude de postos de venda ambulante

O Concello de Ponteareas vén de abrir o prazo para a concesión das autorizacións de venda ambulante en feiras e mercados da vila. Ata o vindeiro 15 de decembro as persoas interesadas poderán presentar as súas peticións de renovación, así como as solicitudes para obter a autorización para a adxudicación dos postos que queden vacantes.

Ponteareas amplía o horario de Zona Azul na contorna do Mercado Municipal para aumentar a oferta de aparcamento

O Concello de Ponteareas continúa traballando para dispoñer dun mellor reparto do espazo público para estacionar, ofrecendo alternativas para que todas aquelas persoas que necesiten desprazarse ata o centro da vila en coche poidan aparcalo e realizar diferentes xestións administrativas, mercar, acudir a actividades...

A Deputación saca a licitación a mellora mobilidade da EP-4006 Ponteareas-As Neves

A Deputación de Pontevedra segue a apostar por un modelo amable, seguro e sostible nas estradas provinciais coa licitación da mellora da mobilidade peonil da EP-4006 Ponteareas-As Neves.

Oito mozos de Ponteareas intercambian experiencias en Croacia con voluntarios e voluntarias de cinco países

Oito mozos integrantes do Servizo de Voluntariado do Concello de Ponteareas participan estes días na localidade croata de Malino no proxecto de intercambio xuvenil ‘Actúa localmente, pensa globalmente’.

O Partido Socialista de Ponteareas reafirmase na defensa dos intereses do municipio ante o Goberno de España

O grupo socialista de Ponteareas reafirmouse onte na súa aposta por seguir traballando e utilizando tódolos recursos ao seu alcance para conseguir a execución canto antes das obras de mellora da N-120, no marco do proxecto valorado en 4 millóns de euros, elaborado polo actual Goberno de España e seguir avanzando na tramitación de cara á execución da Variante de Ponteareas.

O Concello de Ponteareas pide manter a praza da traballadora social no Centro de Educación Especial Saladino Cortizo

O Concello de Ponteareas súmase ás reivindicacións da ANPA do Centro de Educación Especial Saladino Cortizo tras a supresión da praza de traballadora social neste curso despois da xubilación da persoa que viña desempeñando ese posto.

O PSdeG-PSOE reafirma os avances na N-120 ao seu paso por Ponteareas

O Goberno de España ten un compromiso claro e decidido coa execución dos proxectos de mellora da seguridade viaria na N-120 e de construción da Variante de Ponteareas.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado chama, nun acto público, a participar na manifestación do 14N

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado celebrou este sábado 6 de novembro un acto público no que interveu o portavoz de SOS Sanidade, Manuel Martín. Logo da presentación do acto a cargo do portavoz da Plataforma do Condado, Xurxo Porritt, seguiu a intervención do doutor Manuel Martín ao longo da cal denunciou as políticas destrutoras da sanidade pública practicadas pola Xunta de Galicia.

O pavillón municipal Álvaro Pino acolle o arranque da Liga Metropolitana de Bádminton Escolar 2021/22

O bádminton regresa esta fin de semana a Ponteareas. O pavillón municipal Álvaro Pino acollerá hoxen sábado 6 de novembro o comezo da Liga Metropolitana de Bádminton Escolar 2021/22, na que participan deportistas de diferentes clubs e escolas de toda a provincia de Pontevedra.

As persoas maiores de Ponteareas xa poden solicitar o programa ‘Xuntos polo Nadal’ para pasar as festas en compañía

As persoas maiores de Ponteareas xa poden solicitar o programa Xuntos polo Nadal, unha iniciativa do Goberno galego para que as persoas que estean soas poidan pasar estas datas acompañadas nunha residencia de tempo libre de maneira gratuíta.

20 persoas desempregadas de Ponteareas e As Neves formaranse no obradoiro “Coidar de Nós IV”

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, activou na xornada de hoxe a formación laboral de vinte persoas desempregadas dos municipios de Ponteareas e As Neves coa posta en marcha do obradoiro de emprego de formato dual Coidar de Nós IV, que conta cun investimento de 347.000 euros.