Luns, 14 Xullo de 2025

Ponteareas

Ponteareas fai balance da recuperación do espazo público para as persoas cun acto o venres 9

O Concello de Ponteareas celebra o vindeiro venres 9 de decembro, ás 20:00 na sala multiúsos do auditorio municipal, un acto público para expoñer á veciñanza as actuacións realizadas nos últimos anos para recuperar o espazo público para as persoas, ademais dos proxectos de futuro.

Ponteareas acubíllase baixo o mesmo paraugas para reclamar dereitos para as persoas con discapacidade

Reclamar dereitos para un grupo social que supón o 9 % da poboación. Ese foi o obxectivo co que Concello, Asociación Adapta, Federación Cogami Pontevedra e veciñanza se deron cita este 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no salón de plenos nun acto que buscaba reclamar medidas que garantan os dereitos das persoas con discapacidade para estar en igualdade de condicións que o resto da sociedade.

O Concello de Ponteareas, convidado a expoñer o seu modelo de mobilidade nunhas xornadas en Porto

Ponteareas dará a coñecer o vindeiro día 6 de decembro en Porto o seu modelo de mobilidade e de recuperación do espazo público para as persoas, no marco das xornadas que conmemoran os 25 anos da lei de accesibilidade en Portugal.

Redondela presenta actividades para o fomento da corresponsabilidade

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela lanza un porgrama de actividades co apoio da Xunta de Galicia, dentro do “Plan corresponsales”, enfocadas a toda a familia para o fomento da corresponsabilidade.

Ponteareas realiza investimentos para mellorar o Centro Cultural Xinzo

O Concello de Ponteareas mantén o seu compromiso cos centros culturais da vila cunha nova obra de renovación, a do Centro Cultural Xinzo.

Ponteareas conmemora este sábado o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Ponteareas conmemora este sábado 3 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cun acto aberto a toda a veciñanza ás 12.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial.

Terror rural e humor pechan o ciclo de cine ‘Mestre Mateo’ en Ponteareas

Ponteareas baixa o pano esta fin de semana do ciclo de cine ‘Mestre Mateo’, unha actividade organizada pola Academia Galega do Audiovisual e pola Deputación de Pontevedra que, ao longo dos últimos meses, levou á vila a proxección gratuíta de películas gañadoras e finalistas nos premios do cine galego.

As nadadoras do CNPonteareas fanse en Lugo co título de campioas galegas

O Club Natación Ponteareas sumou esta fin de semana un novo éxito ao conquistar o equipo feminino o Campionato Galego Absoluto de natación de inverno disputado no Complexo Deportivo Frigsa de Lugo.

Novas achegas do Plan Concellos para Arbo e Ponteareas

A Deputación de Pontevedra destina novos recursos do Plan Concellos 2022-2023 por un total de 1,2 millóns de euros para os concellos de Catoira, Arbo, Marín Moaña e Ponteareas, destinadas a actuacións nos equipamentos e servizos municipais, así como a melloras nos viarios destes concellos.

Árbores feitos a man para decorar Ponteareas este Nadal

Este Nadal Ponteareas énchese de decoración feita a man “con moitas ganas, agarimo e ilusión”. O Concello está a colaborar coa Federación de Comercio, Hostalaría e Servicios, Banastra, e coa asociación Adapta na creación de elementos decorativos.

Ponteareas acende este venres 2 unha iluminación de Nadal

O Nadal chega esta fin de semana a Ponteareas. O Concello convida a toda a veciñanza a participar no tradicional acendido da iluminación, que será este venres 2 de decembro. Ás 18.00 horas comezará a animación nas rúas con personaxes de Nadal, e a continuación producirase o acendido dende a Praza Bugallal.

Ponteareas resalta a importancia de ser ‘Valente e rebelde’ para loitar pola igualdade

Ponteareas aposta por propostas culturais para conseguir que a mensaxe de igualdade cale entre a veciñanza, especialmente entre as xeracións do futuro.