Martes, 15 Xullo de 2025

Ponteareas

Homenaxe en Ponteareas ao mestre Rogelio Groba

Ponteareas quere render unha sentida homenaxe a un dos seus fillos predilectos, o músico e compositor Rogelio Groba Groba. O vindeiro 25 de febreiro, a Orquestra da Cámara ofrecerá un emocionante concerto na igrexa do Convento de Canedo baixo a batuta do fillo do mestre Groba, Rogelio Groba Otero.

Ponteareas organiza un novo curso de autodefensa para mulleres

O Concello de Ponteareas pon en marcha un novo curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas.

Ponteareas ultima a mellora dun último tramo na estrada que conecta Ganade coa N-120 en Areas

O Concello de Ponteareas ultima o proxecto de reforma integral da estrada de Ganade, na parroquia de Areas, ata a súa conexión coa N-120, cunha derradeira fase de mellora de rede de pluviais e pavimentación da estrada xeral ata a nacional.

Ponteareas inicia as obras dun novo parque na rúa Sarmiento Rivera

As obras do novo parque situado na rúa Sarmiento Rivera iniciáronse esta semana cos traballos de roce e selección do arborado, así como co baleirado da construción que será obxecto de rehabilitación para uso público.

Ponteareas chega ao Entroido doando sangue

O Entroido chega a Ponteareas cunha nova visita dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, que estará na vila os días 16 e 17 de febreiro a disposición de todas aquelas persoas que queiran achegar a súa pinga de solidariedade.

O alumnado do obradoiro de emprego ‘Coidar de Nós’ fórmase en linguaxe de signos

A nova edición do obradoiro de emprego dual ‘Coidar de Nós’, do Concello de Ponteareas, segue traballando a prol da inclusión, non soamente laboral dos seus veciños, senón tamén social. Por primeira vez, o alumnado da especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio e institucións sociais recibe formación específica en linguaxe de signos.

O Ministerio licita obras de saneamento ligadas á ampliación da depuradora de Ponteareas

O Ministerio para a Transición Ecolóxica sacou a licitación a execución das obras de mellora dos interceptores xerais de Ponteareas, unhas obras de saneamento que forman parte do proxecto de ampliación da depuradora da Moscadeira.

Aberta a inscrición para os cursos de lingua galega preparatorios dos certificados Celga

O Concello de Ponteareas informa da apertura da nova convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para obter a certificación dos Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Ponteareas comezará as obras de drenaxe en Ponte Xil

O Goberno municipal do BNG-PSOE saca a licitación os traballos de drenaxe transversal na estrada municipal situada en Ponte Xil, na parroquia de Guillade, unha zona que sufriu graves danos tras unhas choivas de forte intensidade no ano 2021.

Ponteareas celebra o Entroido por todo o alto

Ponteareas prepárase para vivir un Entroido por todo o alto. O Concello deu a coñecer a programación de actividades para encher de animación as rúas da vila durante seis días.

Poesía e relatos ilustrados para render homenaxe á escritora ponteareá Emilia Estévez Villaverde

O Concello de Ponteareas pon en marcha o Certame de poesía e relato ilustrado Emilia Estévez Villaverde, unha iniciativa coa que visibilizar a figura desta escritora pioneira ponteareá a través da palabra e da ilustración.

A nova oficina virtual tributaria de Ponteareas permitirá o pago telemático de taxas e impostos a partir de xuño

O Concello de Ponteareas prosegue co seu proceso de modernización electrónica para facer os servizos máis accesíbeis e doados de empregar pola veciñanza.