Sábado, 13 Setembro de 2025

O Condado

A VII Semana das Ciencias pon en valor ás e aos creadores de Ponteareas

Co obxectivo de dar a coñecer o talento das empresas locais e poñer en valor o seu traballo diario a VII Semana das Ciencias levará ao alumnado dos institutos de Ponteareas a distintas empresas de deseño e impresión da vila.

AporM aposta por crear un consorcio con Mondariz Balneario para compartir servizos públicos

Xoán C. Montes Bugarín -Calis-, candidato de AporM, avoga por crear un consorcio co concello de Mondariz Balneario para compartir algúns ámbitos de xestión pública.

Comezan as xornadas da Semana das Ciencias en Ponteareas

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, presentou ao alumnado de Ensinanza Secundaria para Adultos (ESA) o ciclo de conferencias da VII Semana das Ciencias.

Moita música e animación en Padróns coa Charanga SDK

O programa Cultura24 continúa levando actividades de lecer ás parroquias de Ponteareas. O vindeiro domingo 16 de abril a Casa Cultural Irmáns Barcia de Padróns acollerá a actuación da Charanga SDK, que fará gozar ao público coa súa música e animación á partir das 16.00 horas.

“A memoria histórica en viñetas” e sobre as táboas en Mondariz

Neste mes do libro que é abril, o Concello de Mondariz non se esqueceu doutras datas sinaladas do calendario e programou dúas actividades socioculturais sobre memoria histórica para os días 14 e 15 de abril.

Escape room, contacontos e obradoiros para animar á lectura na biblioteca de Ponteareas

O Concello de Ponteareas pon en marcha unha nova campaña de animación á lectura cunha morea de actividades coa biblioteca municipal como escenario.

Os rapaces de Ponteareas coñecen a vida de Domingo Fontán

A rapazada de Ponteareas, máis de 400 alumnos de todos os institutos da vila, acompañada da alcaldesa Cristina Fernández, reuníronse hoxe no auditorio municipal para coñecer a vida do matemático e xeógrafo Domingo Fontán.

O auditorio reabre as súas portas cunha homenaxe a Reveriano Soutullo e o monólogo de Federico Pérez

O auditorio municipal de Ponteareas reabre as súas portas. Este venres 14 de abril as instalacións volverán abrirse ao público tras as obras realizadas polo Concello para a impermeabilización e reparación dos graves danos causados polas filtracións tras unhas obras de executadas incorrectamente en 2010 e que obrigaron ao peche deste espazo hai dous anos para garantir a seguridade dos usuarios.

A Gala Benéfica Salvaterra terá lugar o vindeiro 28 de abril

Gala Benéfica Salvaterra é un proxecto organizado por un grupo de empresarios de Salvaterra, abatidos polas imaxes que chegaron de Turquía e Siria, tras os desastrosos terremotos que sucederon fai moi pouco alí.

‘O bosque do duque’ chega este xoves a Ponteareas

A literatura volve cobrar protagonismo esta semana en Ponteareas ao abeiro do ciclo de presentacións ‘Abril, mes do libro’. Este xoves 13 de abril o encargado de subirse ao escenario será Fran Fernández Davila, que achegará ao público a súa nova obra, O bosque do duque.

O Concello organiza unha visita guiada sobre a historia da lingua galega en Ponteareas

Un roteiro para saber máis sobre o protagonismo de Ponteareas na historia da lingua galega. O Concello organiza o vindeiro venres 14 de abril unha visita libre e gratuíta que terá como cicerone a un dos fillos máis ilustres da vila, Fermín Bouza Brey.

A XXX Feira do Requeixo e o Mel, a máis visitada da historia

Todas as racións de requeixo e mel vendidas, milleiros de visitantes o venres santo e o sábado, bares, restaurantes, cafeterías, postos de pulpeiros, foodstracks, postos ambulantes, terrazas e zonas de lecer ateigadas, momentos nos que non había sitio dentro da carpa, situada na Praza Maior, mesmo intres nos que non era posible camiñar polo casco urbán.