Venres, 12 Setembro de 2025

O Condado

Comeza a segunda quenda do campus de conciliación de Salvaterra de Miño

Durante todo o verán, máis de 200 nenos de todo o municipio participarán deste campus, que está confinanciado pola Deputación de Pontevedra.

A Xunta leva un “escape room” de dinamización lingüística a Ponteareas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na presentación do escape room "O circo do silencio", unha actividade dirixida especialmente á mocidade que pasará por 10 concellos galegos dentro da programación do FalaRedes 2023, o programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta.

A reapertura da rúa Vidales Tomé mellorará a mobilidade en Ponteareas

O Concello de Ponteareas reabriu ao tráfico a rúa Vidales Tomé, pola que dende a tarde de onte xoves pasou a circularse en sentido único cara á rúa Morales Hidalgo, permitindo un fluxo conxunto e seguro para peóns e vehículos.

Primeira visita institucional do delegado da Xunta nas Neves

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, vén de realizar a súa primeira visita institucional ao Concello das Neves no arranque dos contactos que está a establecer cos representantes dos 47 municipios da área territorial.

Ponteareas contrata o servizo de baleirado de pozos negros e fosas sépticas de augas residuais domésticas

O Concello de Ponteareas reforza os servizos nas parroquias coa contratación do baleirado de pozos negros e fosas sépticas de augas residuais domésticas procedentes de vivendas unifamiliares, centros socio-culturais ou casas de turismo rural situados en parroquias ou lugares sen saneamento.

O Concello de Ponteareas traballará para reabrir Axencia de Lectura en Areas

O Concello de Ponteareas traballa xa na recuperación de espazos para veciños e veciñas nas parroquias. A alcaldesa, Nava Castro, acompañada do concelleiro de Cultura, Ricardo González, e da concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández, mantiveron un encontro coa secretaria e a vogal da Casa Cultural e Artística de Areas, Sheila Martínez e Saray Martínez, para coñecer a situación na que se atopan estas instalacións e as súas necesidades.

Concerto de Exeria en Salvaterra de Miño

A banda do Condado segue coa súa xira, que os ten levado a punto tan dispares coma O rosal, Allariz, Pontecaldelas ou a Illa de Arousa. Nesta ocasión farán unha parada en Salvaterra de Miño o vindeiro venres, ás 23 horas no Soho Bar. A entrada é de balde.

A Deputación revalida a súa colaboracion coa Feira do Libro de Ponteareas

A Deputación de Pontevedra revalida a súa presenza na Feira do Libro de Ponteareas, que arranca este xoves 13 de xullo ás 11:00 horas nos Xardíns da Xiralda (fronte ao edificio do Concello) e desenvolverase ata o domingo 16 de xullo.

Ponteareas comeza o verán cunha visita da unidade móbil de doazón de sangue

O verán arranca en Ponteareas cunha nova visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, que estará os vindeiros 12 e 13 de xullo na vila para todas aquelas persoas que queiran achegar a súa pinga de solidariedade.

A Xunta mellorará o firme da PO-400 ao seu paso por As Neves, Arbo e Crecente

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 2.883.779 euros as obras de mellora do firme na estrada autonómica PO-400 ao paso polos concellos de Arbo, As Neves e Crecente.

O Club Natación Ponteareas campión galego absoluto

A pasada fin de semana, a piscina Rosario Dueñas, en Ourense, viviu un emocionantísimo Campionato Galego Absoluto de Verán.

O poeta Alfonso Pexegueiro dará o pistoletazo de saída á Feira do Libro de Ponteareas

Ponteareas prepárase para acoller a VII Feira do Libro, que do 13 ao 16 de xullo encherá a vila de presentacións, sinaturas, espectáculos e actividades de animación á lectura.