O concelleiro de Mocidade do Concello de Ponteareas, Miguel Bouzó, valorou moi positivamente o alcance do programa Mocidade Viva salientando que “preto dun milleiro de asistentes puideron gozar da ampla e variada oferta de actividades programadas para as mozas e mozos tendo en conta as súas opinións e demandas”.
Esquerda Unida de Ponteareas lamenta que no pasado pleno do 1 de outubro, o goberno de Ponteareas acordara prorrogar o contrato da actual empresa concesionaria do ciclo da auga Viaqua. Segundo o Goberno local, isto faise porque a día de hoxe o Concello aínda non dispón da documentación que foi retirada polo xulgado no marco do caso Patos, o que impide facer os trámites necesarios para resolver o fin do contrato e decidir o "futuro da xestión".
A Concellería de Ensino, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández Davila, mantivo onte unha xornada de traballo coa mesa de coordinación interna de políticas da infancia para concretar as bases do futuro Plan Municipal de Infancia e Adolescencia. Esta mesa de coordinación formada por técnicos municipais das áreas implicadas e polos técnicos responsables do proxecto estudou o informe DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) para deseñar as solucións que aproveiten ao máximo os nosos puntos fortes e recursos.
Durante os últimos dez días, e no marco da Semana Europea de Mobilidade, a Policía Local de Ponteareas realizou numerosos controis de radar en diferentes rúas e avenidas da localidade coma a Avenida de Galicia, o Paseo Matutino ou a Avenida de Castelao. A particularidade dos controis realizados radicou en que estaban precedidos dunha lona informativa que advertía da presenza do radar así como da limitación específica de velocidade na rúa, 20 kilómetros por hora en toda a vila agás na Avenida de Castelao, con limitación de 30 km/h.
O Concello de Ponteareas continúa desenvolvendo actuacións encamiñadas a potenciar os bens de interese cultural polos seus valores e como recursos turísticos. Neste sentido veñen de realizarse actuacións de mellora e sinalización interpretativa de seis importantes elementos do patrimonio cutural.
O Concello de Salvaterra de Miño vén de asinar a súa adhesión ao denominado 'Proxecto Horeca' unha ferramenta de divulgación, formación e fomento da recollida selectiva. A actividade realizase con fondos compartidos entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, e nos que xa participan máis de 100 concellos en Galicia e máis de 2.500 bares e restaurantes, que están potenciando un crecemento importante no contenedor amarelo.
O Concello de Ponteareas celebrou o mércores o seu pleno ordinario do mes de setembro no que o alcalde Xosé Represas deu conta da liquidación de execución do orzamento do segundo trimestre do ano que reflicte a boa saúde e estabilidade orzamentaria que sigue a manter o Concello de Ponteareas dende o saneamento económico realizado nos últimos anos.
O Concello de Salvaterra de Miño, foi beneficiario dunha subvención con cargo á Liña 1 da convocatoria de subvencións a concello destinada á mellora dos montes mediante a creación de parques forestais, da Deputación Pontevedra.
O Concello de Salvaterra de Miño ven de adxudicar por un importe de máis de 100.000 € a pavimentación de viais no Polígono Industrial Chan da Ponte, adxudicación que conta cunha subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para melloras de parques industriais.
O Concello de Ponteareas ven de conceder as axudas a entidades sociais que desenvolven actividades no municipio. Así o anunciou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, que destacou o labor que realizan os diferentes colectivos que desenvolven programas para promover o benestar social da cidadanía.
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, iniciou hoxe en Salvaterra os contactos cos alcaldes da área metropolitana á que representa. Cómpre lembrar que nunha das súas primeiras accións, nada máis tomar posesión como responsable territorial, solicitou un encontro cos representantes locais para tratar os distintos asuntos que afectan aos seus concellos.
No día de onte tivo lugar a celebración da sesión ordinaria do Pleno Municipal do mes de setembro, onde se trataron temas como os festivos locais, á aprobación do protocolo de colaboración coa AECT Río Miño ou unha moción de apoio aos autónomos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.