A ludoteca municipal de Ponteareas, “Ludotea” é un espazo lúdico-educativo, ubicado na rúa Castelao, nº 23, desta localidade, e comezou a súa andaina en febreiro de 1998. Desde entón, son moitos os nenos e nenas que teñen acudido para gozar das súas múltiples actividades.
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, e o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Ernesto Groba González, reuníronse coa empresa INOVA LABS que está elaborando o Plan de Acción polo Clima e Enerxía Sostible (PACES) para o Concello.
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, e o concelleiro de Deporte e Xuventude, Edgar Martínez Philippon, veñen de recibir no Concello a xove promesa do bádminton Lucía Rodríguez García, a poucos días do Campionato de Europa Junior que se disputará en Finlandia entre o 29 de outubro ao 7 de novembro.
A Concellería de Vías e Obras, que dirixe o primeiro tenente de alcalde das Neves, Marcelino Couto, vén de rematar a reposición do pavimento do camiño no barrio do Reguengo, na parroquia de Tortoreos, unha actuación moi demandada polos veciños.
Un motorista faleceu a tarde de onte no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño tras saírse da vía cando circulaba pola PO-403, á altura da parroquia de Pesqueiras. O 112 Galicia tivo constancia do accidente ao recibir a chamada de alerta de varias persoas particulares ás 18:15 horas.
O goberno do BNG e do PSOE informa á veciñanza que está tramitando o recoñecemento dos 92.875 metros cadrados que ocupa o casco histórico de Ponteareas como Área de Rehabilitación Integral (ARI). Declaración que será solicitada á Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia.
A Concellería de Saúde, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, e a asociación de Cancro de Mama Pilar Domingo convidan a toda a cidadanía a amosar o seu apoio a todas as mulleres que padecen esta enfermidade.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote reuníronse hoxe coa subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, nun encontro no que Larriba avanzoulles a redacción do deseño de trazado de mellora da seguridade viaria da N-120 ao seu paso polas parroquias de Xinzo, Areas e Arnoso. Na xuntanza tamén participaron o xefe da Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, Pablo Domínguez, un representante da empresa redactora do proxecto de trazado e membros da plataforma pola mellora da seguridade viaria da N-120.
O Grupo Municipal do PP lamenta que o municipio sexa pouco accesible para persoas con mobilidade reducida, transporte e vehículos de emerxencia.
Os populares informan que esta mesma semana solicitarán o Plan de Seguridade e Movilidad onde se establecen protocolos de actuación que garantan unha rápida evacuación en casos de emerxencia.
O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha o seu programa anual de actividades de inverno.
Este ano sen dúbida veñen marcadas pola alerta sanitaria e o marco complexo que atravesa todo o país, por iso hai que establecer os protocolos adecuados para facer que sexan unhas actividades seguras para todos.
“Ponteareas é un exemplo de concello con iniciativa para recuperar o espazo público para as persoas e a Deputación vai apoialo con todos os seus medios”. Así o manifestou hoxe o deputado provincial de Mobilidade e Espazos Públicos, Uxío Benítez, nunha visita á vila de Ponteareas na que coñeceu ‘in situ’ o traballo realizado polo goberno local ao abeiro da filosofía do Plan Ágora, así como a recuperación de zonas para os peóns derivada dos requerimentos de distancia física motivados pola COVID-19 -que se fixo co asesoramento dos técnicos provinciais-.
Cruz Vermella O Condado inicia a venda dos boletos para o Sorteo do Ouro. Por primeira vez nos seus 40 anos de historia, o Sorteo de Ouro aprazou a súa cita anual de xullo para o próximo 26 de novembro, debido á pandemia.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.