Mércores, 14 Maio de 2025

O Condado

Uns 140 xogadores disputarán en Ponteareas o Campionato de España de Bádminton sub-15

Ponteareas converterase esta fin de semana en epicentro do bádminton a nivel nacional. O Complexo Deportivo Álvaro Pino acolle os días 26, 27 e 28 de novembro o Campionato de España de Bádminton sub-15, unha proba organizada polo Club Bádminton As Neves co apoio do Concello de Ponteareas que reunirá durante estes días na vila arredor de 140 xogadores e xogadoras.

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo volve celebrar o seu concerto anual de Santa Icía

Este sábado 27 de novembro, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo celebra o seu habitual concerto en homenaxe a Santa Icía, patroa dos músicos.

Ponteareas conmemora o 25 N con poesía, cine e unha concentración

O Concello de Ponteareas conmemora o 25 N, Día Internacional contra as Violencias Machistas, con cultura e unha concentración. Os actos comezan o xoves ás 12:15 horas coa lectura dun manifesto por parte de todas as forzas políticas da Corporación. Despois haberá un recital poético de integrantes de Versos de Area e alumnado de igualdade do IES Val do Tea, que van mostrar os traballos que están a realizar para denunciar “a lacra da violencia machista”.

A Biblioteca de Ponteareas gaña o premio ‘María Moliner’ polo seu traballo na difusión da lectura

A Biblioteca Municipal de Ponteareas acaba de ser premiada no Certame de Proxectos de Animación á Lectura María Moliner 2021 pola seu labor na difusión da lectura na vila do Tea. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, agradece e felicita ao persoal “polo seu gran traballo” e lembra que dende o Concello “non pararemos de apostar por iniciativas para acercar á veciñanza ao pracer de ler”.

O Conservatorio Municipal de Música celebra os días 25, 26 e 30 de novembro as audicións do alumnado

O Conservatorio Municipal de Música de Ponteareas xa está preparando as audicións do alumnado. Os vindeiros 25, 26 e 30 de novembro a sala multiúsos do auditorio municipal acollerá as probas deste primeiro trimestre, que se celebran antes do habitual debido ao novo calendario escolar, algo máis curto este ano.

Fernández-Tapias participa no “Camiño da Innovación” en Salvaterra de Miño

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto á alcaldesa Marta Valcárcel, achegáronse hoxe ata a praza da Constitución para participar na iniciativa Camiño da Innovación, posta en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).

Mondariz clausura esta semana a segunda edición do ciclo de cinema “Con ollos de muller”

A segunda edición do ciclo de cinema "Con ollos de muller" conclúe esta semana no auditorio municipal de Mondariz con dúas películas recentes protagonizadas por mulleres.

Salvaterra do Miño comeza as obras de rehabilitación do Palco da Música de Leirado

O Concello de Salvaterra, a través das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, ven de iniciar as obras de rehabilitación e consolidación do Palco da Música de San Roque en Leirado.

Ponteareas reparte axudas para facilitar ás familias a adquisición de libros de texto e material escolar

O Concello de Ponteareas leva dende o ano 2016 axudando ás familias coa adquisición de libros de texto e material escolar para a escola e o instituto. Soamente no curso actual repartiu cerca de 15.000 euros en axudas para cubrir todas as solicitudes presentadas que cumpriron os requisitos.

Mondariz pon en marcha a campaña de recollida de alimentos de Nadal

O Concello de Mondariz, a través da Concellería de Asuntos Sociais, acaba de poñer en marcha a campaña municipal anual de recollida de alimentos para o Nadal 2021. Desde o 15 de novembro até o 15 de decembro, as persoas que o desexen poderán colaborar con doazóns de alimentos non perecedoiros nos centros de recollida habilitados e con doazóns monetarias para o banco de alimentos.

Ponteareas estrea o seu Museo do Corpus a ceo aberto

As rúas de Ponteareas convértense dende este sábado en Museo do Corpus a ceo aberto, o primeiro de Galicia. Grazas ás novas tecnoloxías, veciñanza e turistas poderán gozar da arte efémera de xeito sinxelo e inmersivo en calquera momento do día os 365 días ao ano. “Contamos xa coa ferramenta que nos permite poñer en valor a hora historia e cultura floral, a nosa maior obra de arte colectiva, e continuaremos a partir de hoxe incrementando o seu contido con todo tipo de materiais.

Ponteareas asina con Unicef o convenio que a ratifica como Cidade Amiga da Infancia

Ponteareas xa é oficialmente Cidade Amiga da Infancia. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e a vicepresidenta de Unicef Galicia, Gloria del Río, asinaron este venres o convenio que ratifica o recoñecemento outorgado á vila o pasado mes de xuño e que recolle os compromisos adquiridos polo Concello de Ponteareas para continuar promovendo e impulsando o cumprimento dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes.