Mércores, 14 Maio de 2025

O Condado

‘La invención de Hugo’ chega este domingo 12 á Casa Cultural de Guillade

O cine continúa chegando ás parroquias esta fin de semana. Ao abeiro do programa Cultura 24, a Casa Cultural de Guillade acollerá este domingo 12 de decembro a proxección de ‘La invención de Hugo’, un filme de 2011 de Martin Scorsese con 11 nominacións aos Óscar, 3 Globos de Ouro e unha morea de galardóns máis no seu haber.

Cine de Nadal este sábado na Casa Cultural Fontenla en Ponteareas

Sesión de cine de Nadal para esta fin de semana en Ponteareas ao abeiro do programa Cultura 24. O Concello organiza este sábado 11 ás 18.30 horas a proxección da película ‘Last Christmas’ na Casa Cultural Fontenla.

A Deputación instalará sistemas sostibles de xestión da auga en Nigrán, Ponteareas e A Cañiza

A Deputación de Pontevedra vén de recibir novamente boas noticias dende Europa. Unha vez máis o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) concedeu subvencións a proxectos ata en 8 concellos da man da institución provincial.

A Xunta publica no DOG a aprobación da transferencia de 4 estradas autonómicas ao Concello de Salvaterra

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Salvaterra de Miño da totalidade das vías autonómicas PO-420 Taboexa-Vilacova; a PO-430, que vai a Leirado; a PO-432 Salvaterra-Río Miño; e a PO-433, que vai a Cabreira.

A Xunta substituirá o ascensor da residencia Santa Ana de Ponteareas

A Xunta de Galicia investirá 40.000 euros na substitución do ascensor da residencia Santa Ana de Ponteareas. O deterioro que ten o edificio preocupa á Consellería de Política Social, e así llo fixo saber Fabiola García a alcaldesa do Concello na última reunión que mantivo con ela.

A Deputación pecha o venres en Ponteareas a xira do espectáculo ‘X Xela’

O Auditorio Municipal de Ponteareas será este venres 10 de decembro en Ponteareas o escenario do espectáculo ‘X Xela’, un evento co que a Deputación pretende poñer en valor o galego e conmemorar as Letras Galegas dedicadas este ano a Xela Arias baixo o lema ‘365 días en galego’.

Ponteareas únese baixo o mesmo paraugas para reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade

Ponteareas sumouse á campaña de sensibilización ‘Baixo o mesmo paraugas’ para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e seguir reivindicando unha inclusión real.

Ponteareas aproba a súa ordenanza de mobilidade e utilización do espazo público

O Concello de Ponteareas aprobou no pleno a nova Ordenanza de Mobilidade Amábel e Utilización do Espazo Público. A nova norma foi aprobada con tan só 4 votos en contra (ACIP), a abstención do PP e o voto favorábel do goberno (BNG-PSOE).

O Nadal arranca en Ponteareas este sábado 4 co acendido da iluminación e animación nas rúas

Ponteareas dá a benvida ao Nadal esta fin de semana. O Goberno municipal convida a toda a veciñanza a participar no acendido das luces de Nadal este sábado 4 de decembro, co que arrancará tamén a programación prevista para estas datas.

Traballo en equipo e diversidade cultural, claves no intercambio en Croacia no que participaron 8 mozos de Ponteareas

Grande experiencia a dos oito mozos do Servizo de Voluntariado do Concello de Ponteareas que estiveron na localidade croata de Malino participando no proxecto de intercambio xuvenil ‘Actúa localmente, pensa globalmente’ con rapaces de de 18 a 29 anos procedentes de organizacións locais de Turquía, Romanía, Grecia, Croacia e a República de Macedonia.

A singularidade dos montes veciñais de Ponteareas, protagonista do traballo de Damián Copena gañador do VIII Premio Fermín Bouza Brey

“As comunidades de montes de Ponteareas están vivas e activas a pesar dos riscos e dificultades e dunha traxectoria histórica complicada. Son axentes fundamentais dentro da dinamización das parroquias e cumpren unhas funcións únicas dende o punto de vista social, ambiental e económico”.

Teresa Ríos presentará este sábado ás 20.00 horas o seu poemario “Iris Atalaia” na sala multiúsos do Auditorio Municipal

A poeta e veciña de Ponteareas, Teresa Ríos, presentará este sábado ás 20.00 horas o seu poemario “Iris Atalaia” na sala multiúsos do Auditorio Municipal.