Sábado, 3 Maio de 2025

Mondariz

Mondariz solicita colaboración urxente a Augas de Galicia para recuperar a senda do río Tea

O cambio de ano trouxo copiosas choivas ao val do Tea que provocaron o crecemento dos ríos e desbordamentos puntuais que afectaron gravemente ás sendas fluviais do Concello de Mondariz.

Mondariz avanza no proceso de estabilización de emprego público

O Concello de Mondariz está avanzando no proceso de estabilización de postos de traballo que exixe a lei. O decreto de aprobación das bases que rexerán o proceso de estabilización de postos de traballo xa foi enviado ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), e proximamente será publicado.

José Miñones reivindica en Mondariz o apoio do Goberno á transición verde dos concellos

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reivindicou nunha visita ao Concello de Mondariz o compromiso do Goberno co municipalismo e o apoio á transición verde dos pequenos concellos.

Aprobado inicialmente o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a construción dun albergue turístico en Mondariz

O Concello de Mondariz rematará este ano 2022 con significativos avances na estratexia municipal para sentar as bases do futuro desenvolvemento económico e turístico da localidade, sen depender dos longos e custosos trámites que requeriría a reactivación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), iniciado en 2005 e frustrado unha década despois ao crebar a empresa adxudicataria (Consultora Galega S.L.).

A Deputación levará o documental ’20 anos de dignidade’ a Mondariz

A Deputación de Pontevedra vai levar ao Concello de Mondariz o documental ’20 anos de dignidade’, baseado no afundimento do petroleiro Prestige na costa galega, do que se vén de cumprir o vixésimo aniversario o pasado 13 de novembro, e que provocou a maior catástrofe medio ambiental na historia do país.

Mondariz proxecta o documental “A auga que trouxeron”

O auditorio municipal de Mondariz acolle este sábado 17 de decembro, a partir das 20:00 horas, a proxección do documental "A auga que trouxeron", un traballo de Beatriz Vázquez Campaña e Alberte Román Losada, de Trespés Filmes, no que tamén colaborou o Concello de Mondariz.

O Servizo de Atención Temperá da Cañiza prorrogarase dous anos máis

Na sesión ordinaria do pleno celebrado o pasado 25 de novembro, acordouse por unanimidade de toda a Corporación, a prórroga do Servizo de Atención Temperá prestado polos Concellos da Cañiza, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e Melón.

Alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda apoian medidas para implantar na sanidade pública

Os alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda de Caselas amosan o seu total apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, integrada por organizacións sociais, sanitarias, de pacientes, sindicais e políticas, coa que se busca que o Parlamento Galego debata e aprobe unha serie de medidas urxentes a implantar en atención primaria.

Charlas e representacións teatrais para conmemorar o 25N en Mondariz

Este mes de novembro, a programación de actividades socioculturais do Concello de Mondariz está marcada un ano máis pola conmemoración do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

A feira domininal de Mondariz acolle un pequeno mercado artesán de Nadal

Por segundo ano consecutivo, a Praza de Abastos de Mondariz acollerá un pequeno mercado artesán en vésperas de Nadal.

ENDESA reclámalle ao Concello de Mondariz unha importante débeda

O pasado 26 de outubro, a compañía ENDESA comunicoulle por escrito ao Concello de Mondariz que a débeda pendente con esta empresa subministradora de electricidade é de “144.385,75 euros siendo el importe de la misma con antigüedad mayor de 60 días, y por lo tanto vencida y exigible de 81.952,30 euros”.

Mondariz aposta polo emprendemento local a través das III Xornadas de Oportunidades de Desenvolvemento no Medio Rural

Este sábado, 12 de novembro, están programadas as III Xornadas de Oportunidades de Desenvolvemento no Medio Rural de Mondariz. Nesta edición, as iniciativas de recuperación de terras abandonadas que se visibilizan xiran arredor de experiencias emprendedoras no territorio galego que poidan servir de inspiración para persoas e colectivos sociais que estean buscando oportunidades de desenvolvemento socioeconómico no medio rural.