Sábado, 3 Maio de 2025

As Neves

A Xunta acomete actuacións ambientais na Cañiza e nas Neves

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de financiar a adquisición dunha máquina varredora profesional a prol do Concello da Cañiza e de acometer un novo treito da rede de saneamento da parroquia de Tortoreos, no municipio das Neves,.

A Deputación mellora a mobilidade peonil na EP-4006 ao seu paso por As Neves

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o proxecto de execución das obras de mellora da mobilidade peonil na EP-4006 Ponteareas–As Neves.

“Mulleres en Acción. Violencia Zero” nas Neves

A Deputación de Pontevedra continúa a espallar o programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” por toda a provincia para concienciar desde a arte contra as violencias machistas.

As Neves conta co maior orzamento da súa historia

O Pleno do Concello das Neves aprobou este martes o Orzamento Municipal para 2023, o sétimo que saca adiante a coalición de Goberno BNG-PSOE e o maior de toda a historia das Neves.

As Neves aproba unha “liña de emerxencia” para arranxar os danos do temporal

O Goberno local das Neves, aprobará unha 'Liña de Emerxencia' dotada con 100.000 euros, para facer fronte aos traballos de reparación dos múltiples danos causados polo pasado temporal, en practicamente todas as parroquias do Concello.

A Deputación mellora a seguridade da EP-4204 nas Neves

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar o convenio de colaboración entre a institución provincial e o Concello das Neves para a posta en marcha das obras de mellora da mobilidade peonil na EP4204 As Neves-Estación, no seu primeiro tramo de 550 metros.

As Neves e Oia, primeiros beneficiarios da Liña 3 do Plan Concellos 2023

O goberno da Deputación arranca o Plan Concellos 2023 coa aprobación das primeiras achegas da Liña 3 para a activación do emprego. A Xunta de Goberno dará luz verde este venres a un total de 422.300 euros para que os concellos das Neves, Oia, Catoira e Pazos de Borbén poidan contratar a 40 persoas para servizos municipais.

O Concello das Neves cede temporalmente unha casa a unha familia en situación extrema

O Goberno local das Neves vén de aprobar a cesión, por razóns excepcionais de carácter humanitario, e co informe favorable dos Servizos Sociais do concello, dunha vivenda de titularidade municipal, situada na parroquia de Vide a unha familia sen recursos económicos e que non ten posibilidade algunha de acceder a un alugueiro.

As Neves prepárase para recibir o Nadal

O pasado sábado, día 3 de decembro, acendeuse o alumeado de Nadal das Neves e ese foi o 'pistoletazo' de comezo dunha programación que, con distintas actividades, durará máis dun mes, ata o 7 de xaneiro de 2023.

Alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda apoian medidas para implantar na sanidade pública

Os alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda de Caselas amosan o seu total apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, integrada por organizacións sociais, sanitarias, de pacientes, sindicais e políticas, coa que se busca que o Parlamento Galego debata e aprobe unha serie de medidas urxentes a implantar en atención primaria.

Xa están rematadas as obras da glorieta que comunicará a EP-4006 e EP-4202 co centro das Neves

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da mobilidade peonil na EP-4006, nas Neves.

As Neves inicia un tratamento para recuperar os tileiros da Praza Maior

Especialistas consultados polo Concello das Neves veñen de facer distintas análise aos tileiros da Praza Maior, plantados hai 60 anos, e confirmaron que os mesmos están afectados por 'Diplodia seriata', un fungo da madeira presente no chan que, cando as árbores están máis débiles, convértese e patóxeno.