Xoves, 3 Xullo de 2025

Salceda de Caselas

O concello de Salceda forma un gran lazo no día do cancro de mama

O Concello de Salceda, en colaboración coa Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama(ADICAM), conmemorou o Día do cancro de Mama no seu pavillón municipal.

Movemento Salceda lembra os incendios de outubro de 2017

Movemento Salceda ven de anunciar a denominada “Andaina da esperanza”, que lembrará os terribes incendios do 15 e 16 de outubro de 2017 cinco anos despois.

Aberto o prazo de solicitude de composteiros en Salceda

A Concellería de Medio Ambiente de Salceda, que dirixe Rubén González vén de poñer en marcha o procedemento de entrega de composteiros individuais e cubos de 10 litros a través das subvencións para o financiamento de actuacións, en materia de biorresiduos.

Presentación do 2º Concurso “#ConSalceda de Pinchos e Tapas”

O Concello de Salceda presentou onte o 2º Concurso “#ConSalceda de Pinchos e Tapas”, organizado pola concellería de comercio, dirixida pola alcaldesa Verónica Tourón, en colaboración con ACISA. Esta iniciativa forma parte do programa de dinamización do comercio local “Con Salceda”.

Rematadas as obras de mellora do muro do campo municipal de A Gándara

O Concello de Salceda rematou as obras de mellora do muro lateral leste do campo de A Gándara, unha obra moi necesaria para asegurar o perímetro exterior do campo en relación ao camiño que discorre paralelo ao campo polo que transitan habitualmente peatóns e vehículos.

O Concello de Salceda mantén o apoio ao tecido asociativo con máis de 126.000 euros

O Concello de Salceda de Caselas asinou este mércores os convenios de colaboración coas asociacións co que percibirán 126.751,40 € que servirán para axudar aos colectivos a sufragar os seus gastos de funcionamento e actividades.

As obras do Centro Social da Devesa grazas á Deputación completan a transformación de Salceda

A “porta de entrada” a Salceda, a través do antigo Campo da Feira, completa a súa transformación da man da Deputación de Pontevedra.

“Callos anti inflación” esta fin de semana en Salceda

A Praza do Concello acolleu a presentación da XXVIII Festa dos Callos que se celebrará esta fin de semana en Salceda de Caselas.

O Consorcio de Augas do Louro garante o subministro de auga potable con Eiras por debaixo do 40 %

O Consorcio de Augas do Louro integrado polos concellos do Porriño, Mos, Salceda e Tui, reuniu hoxe ao seu comité na ETAP dos Valos. Representantes de todas as entidades que conforman o ente –o presidente e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o concelleiro de Salceda, Rubén González (en substitución hoxe da alcaldesa Verónica Tourón) e a directora de Augas de Galicia, Teresa María Gutiérrez López–, comprobaron de primeira man a autonomía da rede de abastecemento en caso de alerta por seca.

Salceda rehabilita a Casa de Fontán para vivenda de aluguer social

A corporación municipal de Salceda de Caselas aprobou por unanimidade onte na sesión do pleno ordinario o proxecto da Rehabilitación da vivenda municipal en Fontán para destinala ao uso de aluguer social.

“Descubrindo a flora do río Caselas”, segunda actividade do programa “Un verán para a infancia”

A Concellería de Infancia porá en marcha o próximo 26 de agosto, a segunda actividade do programa “Un verán para a Infancia” titulada “Descubrindo a flora do río Caselas”.

Salceda mellorará os camiños das parroquias ao abeiro do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación vén de conceder unha nova achega da Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2022-2023 ao Concello de Salceda de Caselas, por importe de 115.625 euros.